A versión 5.3 do paquete MATLAB xa está á disposición dos usuarios no AP3000
Quedou instalada e á disposición dos usuarios a versión 5.3 do paquete MATLAB. Esta versión sustitúe á 5.2, que tamén se atopaba instalada no AP3000. O MATLAB 5.3 está instalado no AP3000 no directorio: /export/home/matlab/bin
O MATLAB é un paquete de cálculo simbólico, con múltiples aplicacións en control de procesos, resolución de ecuacións, simulación dinámica, análise de sinal, comunicacións, etc.