Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Aplicaciones » Presentación dunha ferramenta para a investigación e xestión do Patrimonio Cultural
Destacados

Conectados
322 visitantes
Total desde 21-12-05: 75370832 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Presentación dunha ferramenta para a investigación e xestión do Patrimonio Cultural PDF E-mail
O CESGA presentou no SIPAC (Salón Internacional do Patrimonio Cultural) unha ferramenta informática para a xestión integral do patrimonio cultural.

Trátase dunha aplicación informática que emprega técnicas GIS (Geographic Information System) e integra datos cartográficos (mapas en formato dixital) e datos alfanuméricos (bases de datos). Esta ferramenta vense aplicando en múltiples campos de xeito eficiente (como evolución de colleitas, xestión de transportes, planificación de rutas de servicios de emerxencia por mentar algunhas). O CESGA realizou unha intenso labor de avaliación e adaptación desta ferramenta para obter-las mellores prestacións no campo da investigación e xestión do patrimonio cultural en Galicia. Este labor de avaliación e adaptación xunto coas bases de datos cartográficas existentes conforman unha ferramenta que facilita e axiliza a investigación e xestión do patrimonio cultural.

Os GIS permiten introducir e actualizar información de distintas fontes, dende a tradicional documentación sobre papel arquivada en departamentos universitarios e institucións públicas ó cargo da xestión dos elementos patrimoniais ata datos de localización GPS ou imaxes tomadas por satélite.

Toda a información recollida nas bases de datos dos GIS encóntrase xeoreferenciada, isto é, cada dato ten asociadas unhas coordenadas xeográficas. Deste xeito, o sistema permite presenta-la información por capas. Así os GIS permiten actualiza-la información, realizar unha análise e xerar novos mapas de forma eficiente, sen necesidade de realizar grandes investimentos. Ademais o sistema permite superpoñer e cruza-los mapas contendo información patrimonial con outros como mapas de pendentes, mapas de risco de inundacións, mapas de planificación de trazado de estradas, mapas de planificación urbanística, mapas de uso de solos, etc. Así, os GIS son hoxe unha ferramenta fundamental para a xestión integral do patrimonio cultural.

Os medios de comunicación, investigadores, xestores e o público en xeral puideron ver unha demostración do sistema creada polo CESGA no stand da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento no SIPAC.

Modificado ( 13.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA