O CESGA intégrase na Rede de Cooperación ó Desenvolvemento San Simón
O Protocolo de creación desta rede, promovido pola Consellaría de Cultura Comunicación Social e Turismo, foi asinado hoxe, 29 de novembro, en Santiago.
A devandita Consellaría, como promotora, e a Fundación Caixa Galicia, como ente colaborador, propiciarán a participación e contribución institucional á Rede por parte de todas as entidades que hoxe asinaron o protocolo.
Todas as institucións que dende hoxe integran a Rede de Cooperación ao Desenvolvemento San Simón comprometéronse a intensificar as relacións entre Galicia, Europa e Iberoamérica, impulsando a Rede como foro permanente de reflexión, estudo e investigación sobre o valor formativo e cultural das redes tecnolóxicas de información e comunicación.
Institucións integradas na Rede de Cooperación ao Desenvolvemento San Simón:
Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo
Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria
Consellaría de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude
Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas
Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana (IGACI)
Fundación Caixa Galicia
Asociación de Televisión Educativa Iberoamericana (ATEI)
Asociación Universitaria Iberoamericana de Postgrado (AUIP)
Instituto de Cooperación Iberoamericana (ICI)
Instituto Nacional de Calidad y Evaluación (INCE)
Organización de Estados Iberoamericanos (OEI)
Consorcio Latinoamericano de Enseñanza a Distancia (Red CLESAD)
Universidade de Santiago de Compostela (Red Compostela)
Centro Nacional de Educación Profesional de México (Red CONALEP)
Consorcio Americano de Educación a Distancia (Red CREAD)
Red Europea de Educación a Distancia (Red EDEN)
Red Europea de Educación Continua (Red EUCEN)
Hispanic Association of Colleges & Universities (HACU)
Instituto de Estudios Políticos para América Latina y África (Red IEPALA)
Red Latinoamericana de Educación Continua (Red RECLA)
Sociedad Internacional para el Desarrollo (Red SID)
Red Universidad de Puebla para Ciudades Patrimonio de la Humanidad