Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Computación » Centros de Supercomputación de Galicia, Cataluña e Andalucia aúnan forzas para mellorar a súa oferta
Destacados

Conectados
358 visitantes
Total desde 21-12-05: 75371285 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Centros de Supercomputación de Galicia, Cataluña e Andalucia aúnan forzas para mellorar a súa oferta PDF E-mail
O CESGA, o CESCA e o CICA, os tres centros de supercomputación das tres comunidades mencionadas, firmaron hoxe 18 de febreiro un acordo de colaboración en Santiago de Compostela:

En representación da S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), firmou o Ilmo. Sr. D. Miguel Angel Ríos Fernández, presidente do Consello de Administración desta sociedade e Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.

En representación do Consorci Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA) firmou o Ilmo. Sr. D. Antoni Giró i Roca, Director General de Universidades da Generalitat de Catalunya.

En representación do Centro Informático Científico de Andalucía (CICA), firmou o Sr.D. Rafael Infante Macías, Director do Centro.

O ACORDO DE COLABORACIÓN

Os centros formalizan este acordo coñecedores das potencialidades propias das súas organizacións e da sinerxía que poden crear a través da cooperación. Os responsables dos centros móstranse convencidos de que o valor engadido froito desta colaboración contribuirá de modo significativo a mellorar o acceso dos investigadores das tres comunidades a infraestructuras avanzadas de investigación (tanto no referente a sistemas e aplicacións informáticas de altas prestacións destinadas á simulación e a modelización como no referente a redes de comunicacións) e a facilitar o intercambio de experiencias entre os xestores e técnicos a cargo dos equipos de computación de altas prestacións e das redes de comunicacións.

O acordo establece a cooperación e intercambio de experiencias dos centros en torno aos seguintes puntos:

A adquisición e xestión de equipos de altas prestacións (tanto de cálculo como de almacenamento de datos) e de aplicacións executables nestes contornos.

A asignación, planificación e avaliación dos recursos de cálculo necesarios para os distintos grupos de investigación e as políticas de cofinanciación para sufragar os gastos de operación ocasionados por este uso.

A administración das redes de comunicacións científicas e universitarias así como a optimización do tráfico de Internet.

A preparación de cursos e seminarios para divulgar e promocionar o uso e os beneficios destas tecnoloxías nas nosas comunidades.

A promoción do cálculo de altas prestacións para impulsar a competitividade dos centros de investigación, desenvolvemento e innovación que o necesitan, tanto públicos como das industrias en xeral.

DESCRICIÓN DOS CENTROS

Os tres centros prestan servizo nas súas respectivas áreas xeográficas a comunidades de usuarios semellantes: universidades e centros de investigación públicos e privados. Os tres centros contan con infraestruturas de cálculo diferenciadas, polo que resultan complementarias en diversos aspectos.Os tres xestionan o uso de servidores de cálculo e almacenamento de altas prestacións e redes de comunicacións de banda ancha para investigación (Anella Científica de Cataluña, Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia e Red Informática Científica de Andalucía). As tres institucións xestionan nodos de acceso a RedIRIS e as tres manteñen unha estreita relación co Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Así, o intercambio de experiencias e a rede de coñecemento froito deste convenio de colaboración servirán para mellorar a oferta tecnolóxica das tres institucións ás súas respectivas comunidades de usuarios.

O Centre de Supercomputació de Catalunya (CESCA) foi creado en 1991 e está integrado pola Generalitat de Catalunya, a Fundació Catalana per la Recerca, as Universidades públicas catalanas e o CSIC. Os seus obxectivos céntranse en tres áreas de actividade: os servizos de cálculo de altas prestacións, a xestión da Anella Científica, a xestión do nodo de RedIRIS en Cataluña e do Punto Neutro de Internet en Cataluña (CATNIX), e a promoción do uso e os beneficios destas tecnoloxías.

Máis información sobre o CESCA en http://www.cesca.es  

O Centro Informático Científico de Andalucía, (CICA), foi creado en 1989 e está integrado no Plan Andaluz de Investigación da Dirección General de Universidades e Investigación Tecnológica da Consejería de Educación y Ciencia da Junta de Andalucía. Os seus obxectivos céntranse na oferta de servizos informáticos á Comunidade de I+D Andaluza, universidades, centros do CSIC e outros centros de Investigación en Andalucía. Estes servizos informáticos refírense a cálculo de altas prestacións, planificación e xestión do troncal da Red Informática Científica de Andalucía (RICA), acceso a bases de datos e a promoción do uso e os beneficios destas tecnoloxías.

Máis información sobre o CICA en http://www.cica.es  

A S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) créase en 1993, coa participación da Xunta de Galicia e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas. O CESGA ten por obxectivos (1) proporcionar soporte de cálculo e comunicacións á comunidade científica de Galicia e ó CSIC, así como ás institucións e empresas con actividade en I+D que o demanden. E (2) promocionar o uso das Tecnoloxías Avanzadas da Información aplicadas á investigación en Galicia. O CESGA xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e o nodo de RedIRIS en Galicia.

Modificado ( 13.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA