Forte aposta de Toyota pola última xeración de sistemas vectoriais de Fujitsu
Fujitsu instala na Toyota Motor Corp. o sistema de supercomputación de maior potencia ata hoxe presente nunha compañía privada.
A casa Toyota espera obter significativas reduccións no tempo de desenvolvemento de novos modelos de vehículos gracias a capacidade de cálculo aportada polo servidor VPP5000 recén instalado.
O VPP5000 mercado por Toyota é o supercomputador vectorial máis potente do mundo instalado nunha empresa privada. O VPP foi instalado a principios deste mes de marzo e entrará en explotación antes do remate do mes.
O sistema instalado na Toyota conta con 30 procesadores vectoriais e cunha potencia pico teórica de 288 gigaflops (GFLOPS). O sistema conta ademáis con 320 gigabytes de memoria.
Fujitsu conta no seu haber con máis de 400 sistemas de supercomputación vendidos en todo o mundo. Estes sistemas están sendo empregados nas industrias farmaceuticas, de automoción, de maquinaria eléctrica e pesada, así como polas grandes constructoras, universidades e centros de investigación.
A serie VPP5000 de superordenadores Fujitsu ten una potencia pico de 9.6 gigaflops por procesador, e é o procesador CMOS máis rápido hoxe dispoñible no mercado. Esta serie conta cunha escalabilidade de ata 512 procesadores, e unha potencia pico teórica de 4.9 teraflops (TFLOPS).
Para coñecer máis detalles acerca destes sistemas asómese á web de Fujitsu.