IBM terá listo a principios do verán un superordenador basado en LINUX que asegura ocupará o posto 24 dentro da lista TOP500 das máquinas máis rápidas do mundo. Por outra banda, a compañía anunciou estes días a venda da súa participación na distribución de Linux Red Hat, unha operación que moitos interpretan como un alonxamento do contorno de código aberto. Dende IBM asegúrase que os motivos da venda de accións son puramente financieiros.
Frank Gilfeather, director de superordenadores na Universidade de Novo México, explicou que: " Os clusters Linux son o futuro dos superordenadores do século XXI. Cremos que sustituirá ós tradicionais Cray, IBM e Silicon Graphics a causa do seu precio, moito máis barato".
A empresa planea lanzar paquetes de clusters Linux antes de fin de ano, dirixidos a actividades de procesamento, e-business e universidades.