Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio
Destacados

Conectados
1694 visitantes
Total desde 21-12-05: 73808983 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

Actualización de MATLAB PDF E-mail
Instalouse a actualización do paquete MATLAB, cos toolboxes xa existentes, que corresponde á versión 5.3 r. 11.1. Aqueles usuarios que utilicen MATLAB habitualmente, comezarán a empregar a nova versión automaticamente, co mesmo procedemento que a versión antiga.

Ambas versións son totalmente compatibles entre si, de acordo coa información do fabricante.

MATLAB é un contorno de computación e desenvolvemento de aplicacións totalmente integrado orientado á realización de proxectos onde se atopen implicados elevados cálculos matemáticos e a visualización gráfica dos mesmos. MATLAB integra análise numérico, cálculo matricial, procesado de sinal e visualización gráfica nun
entorno completo onde os problemas e as súas solucións son expresados do mesmo xeito en que se escribirían tradicionalmente, mais sen necesidade de facer uso da programación tradicional.

MATLAB dispón tamén na actualidade dun amplo abano de programas de apoio
especializados, denominados Toolboxes, que extenden significativamente o número
de funcións incorporadas no programa principal. Estos Toolboxes cobren na actualidade practicamente case todas as áreas principais no mundo da enxeñaría e a simulación, destacando entre eles o "toolbox" de procesado de imaxes, sinal, control robusto, estatística, análise financieira, matemáticas simbólicas, redes neurais, lóxica difusa, identificación de sistemas, simulación de sistemas dinámicos, etc.

UTILIZACIÓN DE MATLAB NOS ORDENADORES DO CESGA

A última versión do programa MATLAB, en concreto a versión 6.5.0.180913a Release 13, está instalada nos sistemas HPC320, HPC4500, AP3000 e SVG no directorio /opt/cesga/matlab.

Para executar a vella versión utilice /opt/cesga/matlab_r12p1/bin/matlab no SVG, /opt/cesga/matlab6.12.1_b/bin/matlab no HPC4500, no AP3000 e no HPC320.

Esta nova versión inclúe novidades en canto á velocidade de procesado, como un compilador "just in time". As probas realizadas ata o momento polos técnicos do CESGA melloran bastante os resultados. Se quere comprobar as novas funcionalidades e os cambios sufridos dende a última versión, consulte a páxina das http://www.mathworks.com/access/helpdesk/help/base/relnotes/ch1.shtml "release notes" de Mathworks.

No proceso de instalación e probas, detectouse un erro no arranque de Matlab referido ás fontes de caracteres. En concreto, no SVG e no HPC4500, aparece o erro (varias veces) seguinte:

Font specified in font.properties not found [-*-standard symbols
l-medium-r-normal--*-%d-*-*-p-*-adobe-fontspecific]

O erro está recollido na, 
http://www.mathworks.com/support/solutions/data/31607.shtml, WEB de Mathworks e é producido pola máquina virtual de Java. A solución proposta por esa nota técnica soluciona o problema cando se arranca en local, pero deixa de funcionar noutras plataformas.

Unha das melloras, introducida xa na versión R11, é a posibilidade de executar coas librerías nativas de BLAS (e, nalgúns casos, LAPACK). Para elo, ten que modificar antes de arrancar MATLAB a variable de entorno BLAS_VERSION. Por exemplo,

HPC4500 e AP3000:
export BLAS_VERSION=/opt/cesga/SUNWspro6.2/SUNWspro/lib/libsunperf.so.2

HPC320:
export BLAS_VERSION=/opt/shlib/libdxml.so

SVG:
export BLAS_VERSION=/usr/lib/libblas.so

No  HPC320 existe unha importante mellora, non así no SVG, debido a que utilizan fundamentalmente a mesma versión (ATLAS). No HPC4500 as probas aínda non son concluintes, pero parecen indicar un peor comportamento da libraría nativa.

Se ten algún problema coa nova versión, no dubide en poñerse en contacto cos técnicos do CESGA a  través de 
indicando no asunto "ERRO EN MATLAB".

Para compilar programas escritos en C con Matlab, ademais de utilizar o script "mbuild" (que se atopa no mesmo directorio que Matlab) é necesario incluír o seguinte directorio dentro da ruta LD_LIBRARY_PATH:
/opt/cesga/matlab/extern/lib/sol2

Esto pódese facer  escribindo:
LD_LIBRARY_PATH=$LD_LIBRARY_PATH: /opt/cesga/matlab/extern/lib/sol2

Unha boa maneira de comprobar as posibilidades de Matalb é tecleando "demo" (sen as comiñas) na liña de comandos de Matlab. É necesario dispoñer de entorno X-Windows e configuralo axeitadamente para acceder ás funcionalidades gráficas.

Modificado ( 17.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA