O Comisario de Política Rexional e Responsable da Reforma das Institucións na Comisión Europea, Michel Barnier, visitou onte, xoves 26 de abril, as instalacións do CESGA.
O Comisario Barnier foi recibido no CESGA por: Miguel Angel Ríos Fernández, Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e Presidente do Consello de Administración do CESGA e por Javier García Tobío, Director Xerente do CESGA.
Barnier interesouse polas infraestruturas de computación e comunicacións que o CESGA xestiona e que foron parcialmente cofinanciadas por FEDER.
O CESGA prevé investimentos en infraestruturas para o período 2001-2003 por un valor superior aos 8.8 millóns de euros.
Así, amosou especial interese polos plans de desenvolvemento que o CESGA ten en dúas áreas, as comunicacións dedicadas á investigación e os servizos de computación.
Na visita do Comisario Barnier ao CESGA estiveron tamén presentes representantes do Consello de administración do CESGA pertencentes ás Universidades Galegas e ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Barnier deixou esta mensaxe de alento e felicitación para o CESGA: