A medida que os clusters van cobrando relevancia en contornos de computación de altas prestacións atraen maior interese entre os membros da comunidade científica internacional na área de computación. Así, o equipo responsable da lista TOP 500 desenvolveu unha relación similar incluindo os 100 maiores clusters do mundo.
Unha ampla variedade de conceptos e tecnoloxías estanse empregando na construcción dos clusters que, coma cogumelos, parecen medrar estes días en departamentos e institucións de investigación. Segundo Thomas Sterling do California Institute of Technology e do NASA Jet Propulsion Laboratory é moi posible que a mediados desta década os clusters na súa miriada de formas constituan a arquitectura dominante en sistemas de computación de altas prestacións.
Actualmente non existe unha base pública que permita compilar estatísticas sobre as diferentes tecnoloxías e as áreas de aplicación dos sistemas de computación cluster. É por isto que o equipo que semestralmente prepara o TOP500 decidirá traballar na elaboración dunha relación aparte para monitorizar os movementos en tecnoloxías cluster. A relación dos 100 maiores clusters do mundo pódese consultar no URL: clusters.top500.org. Para confeccionar esta relación os autores baseanse nunha versión do Linpak Test adaptada para clusters.