Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Noticias » Comunicaciones » O C.H. Juan Canalejo aposta pola TeleMedicina
Destacados

Conectados
298 visitantes
Total desde 21-12-05: 75367484 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA GESTIÓN

Accesibilidad

O C.H. Juan Canalejo aposta pola TeleMedicina PDF E-mail

Guillermo Vázquez González
Servicios Informáticos,
Complexo Hospitalario Juan Canalejo

A posta en marcha e mantemento das transmisións de cirurxía cardíaca desde os quirófanos do Complexo Hospitalario Juan Canalejo e o Paraninfo da Universidade da Coruña, con calidade diagnóstica e transmisión en tempo real de dúas canles de video e audio a 15 Mbps, cada un, posibilitando así o debate entre os cirurxanos e os asistentes ó congreso (cirurxanos de 32 países) supuxo un importante esforzo de colaboración entre persoal técnico de RETEGAL, do CESGA e do propio Juan Canalejo.

No tocante ós recursos humanos destinados á realización desta experiencia por parte do Juan Canalejo, cómpre resaltar que foron dous técnicos do hospital e dous cedidos por la empresa ALCATEL os que participaron. Os nosos técnicos situáronse no quirófano e no paraninfo, o persoal de Alcatel fixose cargo dos equipos de comunicacións e do mantemento dun backup de imaxe. Para isto empregáronse: (1) Tres equipos de conmutación ATM ALCATEL (un de Backup), (2) Dous equipos de transmisión de vídeo sobre ATM - VAN de FVC, (3) Dous equipos de transmisión de vídeo sobre ethernet a modo de backup e (4) Equipos de filmación e mestura.

Unha experiencia destas mesmas características realizouse hai dous anos. Naquela ocasión trasmitíranse cirurxías cardíacas minimamente invasivas, cun resultado extraordinario. A ese congreso asistiran cirurxanos de 28 países. O Complexo Hospitalario Juan Canalejo é moi activo na área de Telemedicina. Así, atópase actualmente en funcionamento un sistema de TeleRadioloxía, que conecta o centro de especialidades de Betanzos co Juan Canalejo, realizando por este medio o 100% do diagnóstico radiolóxico da área de Betanzos.

Estamos tamén conectados con telerradioloxía e teleconsulta cos hospitais: Meixoeiro, Xeral Cíes e CHUS de Galicia, Asociación Española Primera de Socorros Mutuos e Casa de Galicia de Montevideo e Centro Gallego e Sociedad Española de Beneficencia - Hospital Español de Buenos Aires.

Adicionalmente, estase desenvolvendo un proxecto de TeleDiálisis con BAXTER. Tamén, na actualidade están sendo planificados outros proxectos como son: TelePatoloxía entre o Canalejo, Abente e Lago e o Virxe da Xunqueira de Cee. TeleDermatoloxía entre o hospital e o área asistencial dependente do complexo. Teleconsulta na área de corazón entre os hospitais: Xeral Calde, Arquitecto Marcide, Hospital da Costa e Juan Canalejo. Tamén proxectamos remata-la implantación de telerradioloxía en toda a área sanitaria, é dicir, instalala nos centros de especialidades de Carballo e Ponteceso.

A Colaboración CESGA - RETEGAL permite a realización de Experiencias en TeleMedicina sobre Banda Ancha

O pasado mes de xuño celebrouse na Coruña o Simposium Internacional de Cirurxía da Aorta e Restauración Ventricular, no marco do XXII Congreso da Sociedade Española de Cardiocirurxanos. Ó evento asistiron máis de 300 profesionais de 27 países e foi dirixido conxuntamente polo Servicio de Cirurxía Cardíaca do Canalejo, que dirixe o Dr. Juffé Stein, o Heart Center de Saint Louis, o Cardio- Thoracic de Mónaco e o Instituto de Enfermedades Cardiovasculares do Clínico de Barcelona.

Máis de 300 Especialistas nun Quirófano Virtual
Os cirurxanos cardíacos congregados no Paraninfo da Universidade da Coruña puideron ser testemuñas virtuais de seis intervencións cirúrxicas realizadas sobre pacientes reais nos quirófanos do Canalejo. No quirófano atopábanse instaladas tres cámaras de vídeo dixitais manexadas por operadores profesionais. Xa fóra do quirófano, nun estudio preparado ad hoc, un realizador asesorado por un equipo médico producía o directo que sería retransmitido pola rede ata o Paraninfo. A Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) permite, gracias o ancho de banda dispoñible, a transmisión de imaxe con calidade PAL. A través da teleconferencia, os asistentes no Paraninfo puideron interpelar sobre as novas técnicas que estaban a ser demostradas polos cirurxanos que neses momentos realizaban intervencións na sala de operacións.

Unha Colaboración Técnica Permanente
A realización desta teleconferencia de moi alta calidade é apenas un punto na permanente colaboración técnica e nos esforzos de coordinación inter-institucionais que, dende hai anos, veñen realizando de forma conxunta o CESGA, RETEGAL, o Dpto. de Informática do C. H. Juan Canalejo e o Servicio de Rede da Universidade da Coruña Segundo explica o responsable técnico de comunicacións de RETEGAL, Juan Buján, <<para posibilita-las transmisións das Teleconferencias de Cirurxía en Vivo empregouse a Rede ATM que interconecta o C. H. Juan Canalejo coas universidades>>. RETEGAL puxo os medios técnicos necesarios para garanti-la dispoñibilidade da Autoestrada Galega da Información como soporte da RECETGA, e os medios humanos para a correcta configuración do equipamento empregado na transmisión.

O CESGA, por unha banda, achegou xunto a RETEGAL, a rede sobre a que se realizaron as transmisións, e por outra, participou no deseño e configuración do sistema. <<A nivel técnico, a colaboración RETEGAL-CESGA é fluída e permanente xa que a propia xestión da rede fai imprescindible unha coordinación total nas operacións cotiáns>> aclara José Carlos Pérez, técnico de comunicacións do CESGA.

O Centro de Supercomputación de Galicia xestiona a RECETGA en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Modificado ( 12.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOYA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proyectos

Miembro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novedades
Dominio gallego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA