Presentación do Centro de Competencias en Comercio Electónico de Galicia
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia fará a súa presentación oficial o próximo 14 de Marzo ás 12 do mediodía no edificio do CESGA, onde ten a súa ubicación o Centro. O Centro de Competencias nace para fomentar, apoiar e axudar ás PEMES (pequenas e medianas empresas) galegas no aproveitamento das novas tecnoloxías e Internet e na adopción de procesos de negocio electrónico. No acto, o Centro presentará a súa revista, e-Negocio Galicia, e a súa páxina web, e-negociogalicia.com
Ademais de diversos medios de comunicación, asistirán, entre outros, Miguel Ángel Ríos, Secretario Xeral de I+D (Investigación e Desenvolvemento) da Xunta de Galicia, diversos membros do Foro si-Galicia, entre os que se atopan, ademais da Xunta, as Universidades galegas, Caixa Galicia, Caixanova, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Confederación de Empresarios de Galicia, as Cámaras de Comercio, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións e varias operadoras de comunicacións e o personal do CESGA.