Retransmision do Acto de Inauguracion Centro Xerontolóxico "La Milagrosa"
Mañá, venres 26 de abril, a partir das 11:15, o Cesga retransmitirá por streaming o Acto de Inauguración do Centro Xerontolóxico de Estancias Diurnas "La Milagrosa". O Acto, que se celebrará no propio Centro, estará dirixido polo Presidente da Xunta, Manuel Fraga. Asistirán ao acto a través de videoconferencia máis de cen persoas dende Ciencias da Saúde no campus de Oza (A Coruña).
Todos os internautas que o desexen poderán seguilo dende os seus PCs a través desta mesma páxina. A emisión realizarase cun ancho de banda de 250Kbps. e un formato de compresión de vídeo MPEG-4, o que proporciona unha calidade moi boa. Para visualizar a retransmisión é preciso ter instalado no seu ordenador o software Windows Media® de Microsoft®.
A creación do Centro Xerontolóxico "La Milagrosa" foi promovido pola Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados de A Coruña e conta coa colaboración de:
Deputación de A Coruña
Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia
Depto. de Medicina, Xerontoloxía Clínica e Social, Universidade da Coruña
Centro de Supercomputación de Galicia
Obra Social Caixa Galicia
Fundación Pedro Barrié de la Maza
O Centro "La Milagrosa" incorpora innovacións tecnolóxicas diferenciadoras dirixidas a mellorar a oferta de servizos asistenciais.