Xa está instalada e dispoñible a última versión do programa MATLAB, en concreto a versión 6.5.0.180913a Release 13. Esta versión atópase instalada nos sistemas HPC320, HPC4500, AP3000 e SVG no directorio /opt/cesga/matlab. Para executar a vella versión utilice /opt/cesga/matlab_r12p1/bin/matlab no SVG, /opt/cesga/matlab6.12.1_b/bin/matlab no HPC4500, no AP3000 e no HPC320. Esta nova versión inclue novedades en canto a velocidade de procesado, como un compilador "just in time". As probas realizadas ata o momento polos técnicos do CESGA melloran bastante os resultados.
No proceso de instalación e probas, detectouse un erro no arranque de Matlab referido as fontes de caracteres. En concreto, no SVG e no HPC4500 aparece o erro (varias veces) seguinte:
Font specified in font.properties not found [-*-standard symbols l-medium-r-normal--*-%d-*-*-p-*-adobe-fontspecific]
Unha das melloras, introducida xa na versión R11, é a posibilidade de executar con as librerías nativas de BLAS (e, en algúns casos, LAPACK). Para elo, ten que modificar antes de arrancar MATLAB a variable de entorno BLAS_VERSION. Por exemplo,
HPC4500 e AP3000:
export BLAS_VERSION=/opt/cesga/SUNWspro6.2/SUNWspro/lib/libsunperf.so.2
HPC320:
export BLAS_VERSION=/opt/shlib/libdxml.so
SVG:
export BLAS_VERSION=/usr/lib/libblas.so
No HPC320 existe unha importante mellora, non así no SVG, debido a que utilizan fundamentalmente a mesma versión (ATLAS). No HPC4500 as probas aínda non son concluintes, pero parecen indicar un peor comportamento da librería nativa.
Máis inforación na sección de Aplicacións no apartado de Matlab. Se ten algún problema coa nova versión, non dubide en se proñer en contacto cos técnicos do CESGA ó través de indicando no asunto "ERRO EN MATLAB". |