SOFTAX - Pago de impostos municipais a través de Internet.
Periodo : 10 / 2003 - 10 / 2004
Presupuesto : 232323 euros
Presupuesto cesga: 19032 euros
Socios: SOFTGAL (Servicios de Software Galicia S.A.)
Responsable : Ramón Basanta
Descripcion :
Desenvolvemento de pasarelas de pagos de impostos multientidade para administracións públicas. Na actualidade cada entidade bancaria dispón dunha pasarela de pagos propia para xestionar coas administracións públicas o pago de impostos. Con este proxecto preténdese desenvolver unha pasarela de pagos común para tódalas entidades bancarias e deste xeito axilizar os trámites de pagamento. Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa empresa galega SOFTGAL.