Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Contacto:cursos
Dada a gran demanda hoxe existente polos profesionais de diferentes disciplinas de analizar e tratar a información xeográfica cos seus respectivos datos, aparecen novas tecnoloxías informáticas que facilitan esta análise: os Sistemas de Información Xeográfica, entre eles o ArcView da casa ESRI é dos máis empregados e versátiles.
Obxectivo:
O obxectivo deste curso é dar formación práctica no uso do GIS ArcView de tal xeito que, superado o curso, os asistentes estarán en condicións de operar con esta ferramenta de análise de forma autónoma. Cara á consecución deste obxectivo os asistentes farán uso do aula informática do CESGA, na que se dispón de 1 PC por alumno, pizarra electrónica e comunicacións.
Programa:
Introducción a ArcView 3.1
Conceptos de ArcView: Proxecto, Vistas, Taboas, Gráficos, Mapas, Scripts.
Interface de ArcView: Menús, Ferramentas.
Práctica con exemplos:Temas, Lendas, Taboas, Composición Mapas, Saida Impresa, Edición e Clasificación da Información, Proxeccións, Formatos Soportados e Táboas dbf.
Inscrición:
Poderá solicitar praza calquera profesional interesado no uso de GIS.
O prazo de inscrición remata o xoves 22 de febreiro de 2001.
Custo por alumno:
Usuarios do CESGA (Persoal UDC, USC, UVIGO, CSIC e centros de investigación dependentes da Xunta de Galicia)
30.000 Ptas.* IVE incluído
Profesionais non relacionados coas devanditas institucións
40.000 Ptas.* IVE incluído
* inclúe paquete documentación
Confirme a dispoñibilidade de prazas antes de realiza-lo pagamento chamando ó CESGA 981 56 98 10 ou enviando un e-mail a cursos@cesga.es
Forma de Pagamento:
Mediante Folla de Pedimento Universidade ou Ingreso a nome da S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia na conta:
0008-0950-78-1100152937 Banco Atlántico
c/General Pardiñas, 20, 15701 Santiago de Compostela
Para que a súa reserva de praza no curso sexa firme, deben remitir vía fax 981 59 46 16, copia do xustificante do ingreso ou folla de pedimento e a seguinte información:
Nome
Número de DNI
Login de usuario do CESGA (se o tivera)
Centro de Investigación
Departamento
Grupo de investigación
Nome do Director do Grupo de investigación
Dirección
Teléfono
Fax
e-mail
Nome do curso
Dado que o número de prazas é limitado, recomendámoslle que nos consulte a dispoñibilidade das mesmas coa maior brevidade posible.