|
|
|
No
eido da supercomputación apareceron os primeiros ordenadores
que utilizaban varios procesadores para realizar un cálculo
en menor tempo. Cray Research introduciu o primeiro ordenador capaz
de superar a barreira do Gigaflop (máis de mil millóns
de operacións matemáticas por segundo).
Popularízáronse as redes de ordenadores de área
local e inícianse os primeiros pasos de Internet e a World
Wide Web. A auténtica revolución producíuse en
microinformática: Microsoft introduciu a súa primeira
versión de Windows, e Intel introduciu o primeiro procesador
de 32 bits (386DX) que é o primeiro en integrar máis
dun millón de transistores (486DX). Todas estas novidades,
unidas ó abaratamento dos compoñentes, propician o comenzo
da popularización da informática persoal a finais da
década dos 80. En 1987 a poboación mundial acadaba os
5.000 millóns de habitantes. En 1990 empezou a guerra do Golfo
Pérsico.
|
|
|
A
National Science Foundation estableceu 4 Centros de Supercomputación.
Acadouse
unha nova marca nos supercomputadores ó aparecer o Cray-2.
Este tiña unha capacidade de cálculo pico de mil millóns
de operacións en coma flotante por segundo.
|
Naceu
Microsoft Windows 1.0 como unha extensión de MS-DOS que permitía
interactuar co ordenador utilizando un interface gráfico similar
ó de Apple.
|
Creouse
o primeiro robot avanzado, o Omnibot 2000, de Tony Kyogo. Podía
moverse, falar e levar obxetos.
http://omnibot.forsite.net/omnibot/images/photo/omnibot.JPG
Omnibot
2000, creado por Tony Kyogo
|
Intel
introduciu o 386DX, primeiro microprocesador X86 de 32 bits. Constaba
de 275.000 transistores que permitían procesa-la información
en bloques de 4 bytes, o dobre que os seus antecesores de 16 bits.
http://www.intel.com/intel/intelis/museum/exhibit/hist_micro/hof/386.htm
Imaxe
microscópica
do procesador Intel 386DX
|
Apareceron
os primeiros ordenadores comerciais que utilizaban o procesamento paralelo:
tratábase de sistemas con varios procesadores interconectados
entre sí para realizar un cálculo no menor tempo posible.
O Sequent Balance 8000 conectaba os procesadores a unha memoria compartida
entre eles, mentres que no Intel iPSC-1 (Hipercubo) cada procesador
contaba coa súa propia memoria, podendo un mesmo sistema contar
con ata 128 procesadores.
|
En
Galicia:
Caixa Galicia instalou un dos primeiros IBM 3090 de España.
http://www.blues.uab.es/~enllac/enllac7/ForaOrbita/ibm.jpg
IBM
3090
|
|
|
NSF
iniciou a construcción de NSFNET, primeira rede de investigación
que implementaba TCP/IP. Con esta rede conectáronse 5 Centros
de Supercomputación de Estados Unidos.
A súa capacidade de transmisión era de 56 Kbps. O número
de ordenadores conectados pasa de 2000 a principios de 1986 ata 30000
a finais de 1987.
O número de computadoras en USA excedía os 3 millóns.
|
Mapa
do NFSNet
|
En
Galicia:
O concello de Vigo instalou o primeiro S-400 de Secoinsa, composto
por:
- 4 discos de 300 Mb
- 1,5 Mb de RAM
- 24 Pantallas
Caixa Vigo instala un IBM 3090.
Banco Pastor instala un IBM 4381.
|
|
|
|
|
|
©
CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003
|