Presentouse a Connection Machine (CM-2) de Thinking Machines Corporation. Era un Supercomputador que utilizaba 64.000 procesadores de 1 bit interconectados mediante unha rede de alta velocidade (20 Mbps) e arquitectura paralela, o que permitía superar os 2 GFlops.


http://mission.base.com/tamiko/cm/cm-image.html
Connection Machine (CM-2), cada punto
de luz vermella representa un procesador


IBM presentaba a familia de ordenadores PS/2, con procesadores 8086, 80286 e 80386, disketeira de 3,5" e ata 1,44 MB de capacidade. Vendéronse 2 millóns de unidades en 2 anos e estandarizaron a utilización de gráficos VGA e disketeira no mundo PC.




IBM PS/2

Apple presenta Macintosh II.

Sun Microsystems presenta a primeira estación de traballo baseada no microprosesador RISC.



En Galicia:
A USC instalou novos equipos do fabricante Data General.

 

Creouse o programa IRIS e Red-IRIS. Este ano naceu definitivamente o Programa IRIS dentro do Plan Nacional de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico co principal obxectivo de dar servicios telemáticos á comunidade científica española. O encargado do financiamento e supervisión da rede foi a Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (CICYT), mentres que a xestión e dirección levouna FUNDESCO.

Creouse o CERT a raíz da aparicicón do primeiro gusano, o virus Morris, que ese mesmo ano afectou a 6000 ordenadores dos 60.000 conectados.

Creouse o CICA, Centro Informático Científico de Andalucía, nodo central da Rede Informática Científica de Andalucía (RICA) e primeiro Centro de Supercomputación de España.


Cray Research introduciu o Cray Y-MP, o primeiro superordenador do mundo capaz de realizar máis de 1 Gigaflop (1000 millóns de operacións) en aplicacións reais. Estaba formado por varios procesadores de 333 MFLOPS que no seu conxunto ofrecían unha potencia pico de 2.3 gigaflops.


Cray Y-MP

 

Intel introduciu o 486DX, con 1,2 millóns de transistores. Traballaba a unha velocidade de 25 MHz.


http://www.intel.com/intel/intelis/museum/exhibits/hist_micro/hof/486.htm
Procesador Intel 486DX
visto a través dun microscopio


Naceu o HTTP (Hypertext Transmission Protocol) a partir do documento "Information Management: A Proposal" escrito por Tim Berners-Lee, mentres traballaba no CERN (CERN, European Particle Physics Laborator, Suiza) nun proxecto que permitiu ós físicos de todo o mundo colaborar entre sí mediante o intercambio de información. A Web foi o resultado da integración do hipertexto e a rede Internet.

Sun Microsystems introduciu a súa terminal SPARCstation, unha estación con un prezo de só 9000$.


 

Microsoft anunciou Windows 3.0, Sistema Operativo multitarefa de 16 bits con soporte para Intel 386 e con interface gráfico. En 2 anos vendéronse 10 millóns de copias.


Pantaia do Windows 3

Apareceu o primeiro servidor web (nxoc01.cern.ch). Creouse a páxina web e naceu o primeiro navegador web gráfico que recibiría o nome de World Wide Web.


http://www.nickfinck.com/webbuilder2002/index03.html
Primeiro navegador web gráfico

Sun Microsystems lanzou a SPARCestation 2.

Morreu ARPANET. Neste ano é decomisada a rede ARPANET, deixando a NSFNET que seguise o seu camiño ata convertirse no embrión da actual Internet.

 


© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003