Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » e-learning » Tecnoloxías
Destacados

Conectados
540 visitantes
Total dende 21-12-05: 75375559 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Entornos de Traballo Colaborativo ou Groupware Environment PDF E-mail

¿Que é un entorno de traballo Colaborativo?
Un Entorno de Traballo Colaborativo ou Groupware Environment, é unha aplicación informática (servidor) instalada nun ordenador á que accedemos normalmente mediante un navegador web (cliente).

¿Para que sirven os Entornos de Traballo Colaborativo?
Os entornos de traballo colaborativo ou groupware environment, permiten e facilitan o traballo colaborativo entre grupos de persoas distribuídas fisicamente. Polo tanto, este tipo de ferramentas facilitan a comunicación tanto síncrona como asíncrona e o traballo cooperativo (a través de ordenadores) xa sexa entre alumnos/as, entre profesores/as ou entre investigadores.

Estes entornos son moi utilizados por investigadores para levar a cabo proxectos con colegas de diferentes comunidades autónomas ou países.

Funcionalidades dos Entornos de Traballo Colaborativo.
Un entorno de traballo colaborativo permite a un grupo de persoas acceder a un determinado espacio virtual onde poden compartir calquera tipo de documentos, podendo cada un dos membros do grupo de traballo revisar os documentos, versionalos, calificalos, modificalos, etc., quedando rexistrada a data da última modificación e podendo acceder tamén ó historial das diferentes versións realizadas. Ademáis, estes entornos dispoñen de ferramentas de comunicación en tempo real (chat ou audiconferencia) como en diferido (correo electrónico), o que permite programar reunións para os integrantes dun mesmo grupo.

Algunhas das funcionalidades das que dispoñen os entornos de traballo colaborativo son:

  • Creación de diferentes grupos de traballo.
  • Compartir documentos.
  • Versionar documentos.
  • Ferramentas de comunicación sincrónica.
  • Ferramentas de comunicación asincrónica.
  • Axenda.
  • Etc.

Actualmente hai ferramentas como é o caso de Yahoo Groups, MSN Groups ou Google Groups que emulan o funcionamento de forma sinxela do que podería ser un entorno de traballo colaborativo. Este tipo de aplicacións dispoñen de:

  • Espacio para compartir documentos.
  • Foros.
  • Correo electrónico.
  • Axenda.
  • Etc.

Son moi intuitivos e sinxelos de utilizar para persoas non avezadas.

¿Cómo podo acceder a un entorno de traballo colaborativo?
Para participar nunha área de traballo, requírese un proceso de inscripción explícito, ben por invitación de outro usuario/a xa rexistrado ou por autorrexistro, para o que unicamente se necesita un enderezo de correo electrónico.

Se eres un investigador ou docente do sistema universitario de Galicia, a tua universidade pode facilitarche o acceso a este servicio. Se pertences ó sistema educativo público galego, podes solicitar o acceso a este recursos á administración da que dependes. En calquera caso, o Cesga dispón de entornos de traballo colaborativo os que podes acceder de valde.

Se pertences a unha empresa, e precisas dun entorno de traballo colaborativo para o desenvolvemento de proxectos, podes crear un devalde na rede en Yahoo Groups ou MSN Groups, ou ben, solicitar estes servicios a outras empresas que podes encontrar no directorio de empresas proveedoras de e-learning en Galicia. Por outra banda, se eres unha empresa ofertante de servicios de e-learning, podes instalar ou teu proprio entorno de traballo. Seguidamente ofrecémosche un listado de entornos clasificados atendendo ó tipo de licenza comercial ou open source:


Listados de Entornos de Traballo Colaborativo. 
Entornos de Traballo Colaborativo  (Gratuitos ou de código aberto).
Entornos de Traballo Colaborativo Comerciais.


Artigos de interese.


 
Actualizado ( 24.08.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos e-learning

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA