Este
enxeñeiro alemán traballaba co cálculo estatístico
na industria aeronáutica. Esta era unha tarefa moi laboriosa
daquela, o que o levou a deseñar un dispositivo que rematou
sendo a primeira computadora electromecánica binaria programable.
O prototipo Z1 empregaba relés eléctricos para automatiza-los
procesos, aínda que non foi totalmente funcional como a Z2.
A
Z3 podía realizar tres ou catro sumas por segundo e multiplicar
dous números nuns catro ou cinco segundos. Zuse, sempre tivo
que autofinanciarse, debido a que o exército alemán
rexeitou financiar un proxecto de tan longa duración (¡dous
anos!) por considerar que para entón xa terían gañado
a II Guerra Mundial. Por si fora pouco, a Z3 foi destruída
por un bombardeo aliado, motivo polo que a Z4 tivo que estar viaxando
escondida ata o final da guerra.
Creou
o Plankalkül -linguaxe de programación- predecesora das
linguaxes modernas de programación.
É considerado
o verdadeiro pai da computadora moderna, e a súa fundación
para o desenvolvemento de programas segue existindo hoxe como parte
de Siemens.