En 1.883 foi Thomas A. Edison quen inventou un dispositivo no que a carga eléctrica emitida pola superficie metálica quente (chamada cátodo) é recollida por outra superficie fría (chamada ánodo), lográndose desta forma unha corrente eléctrica. Edison encerrou os dous electrodos, o ánodo e o cátodo, dentro dun tubo de vidro ó baleiro. A válvula de baleiro ou díodo é en esencia un interruptor no que o paso de corrente non se verifica pola unión de dúas pezas metálicas senón polo paso ou non dunha corrente de electróns.
Ó desprazarse os electróns a unha velocidade cercana á da luz (para o que se fai o baleiro dentro da válvula) a velocidade de reacción da válvula é aproximadamente de milésimas de segundo, considerablemente menor ca do relé, que non deixa de ser un interruptor mecánico.
En 1903 John A. Fleming vai perfeccionar o tubo ó baleiro de Edison.
O físico estadounidense Lee de Forest, en 1906, introduciu no tubo ó baleiro un terceiro electrodo, chamado rexilla, que permite o paso de electróns. Esta rexilla colócase entre o cátodo e o ánodo formando o tríodo.
De Forest intentou vender o seu invento á empresa de telefonía ATT que estaba tentando mellorar neses intres os sinais telefónicos de longa distancia. Dita empresa mercoulle os dereitos. Perfeccionaron o seu tríodo facendo posible co servicio telefónico abarcara de costa a costa a Estados Unidos. O emprego das Válvulas de Baleiro supuxo un gran avance respecto da utilización dos relés porque incrementan a velocidade de proceso das máquinas. O ENIAC incorporaba preto de 18.000 destas válvulas.
As válvulas de baleiro foron moi utilizadas nos primeiros aparatos de radio e televisión e en ordenadores durante a primeira metade do S. XX, ata que apareceu o transistor, máis barato e resistente.



www.frognet.net/~ejcov/hgoebel.html



http://www.machack.com/history/1875.html

Thomas Alva Edison

http://www.lafayette.150m.com/fle127741.html
Sir John Ambrose Fleming



http://ei.cs.vt.edu/~history/50th/ENIAC.wiring.CBI.jpg
ENIAC


www.frognet.net/~ejcov/hgoebel.html
Válvulas de baleiro
© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003