A
construcción de UNIVAC empezouse en 1.946 por unha corporación
formada por J. Presper Eckert, Jr e John W. Mauchly. Debido a problemas
financeiros para remata-lo proxecto Univac, Eckert e Mauchly víronse
na obriga de vender a súa compañía a Remington
Rand Corp.
Univac
I foi a primeira computadora que se fabricou comercialmente, así como a primeira en utilizar un compiler (compilador ou autoprogramador)
para traducir o inglés en idioma de máquinas. Os seus principais
avances eran o sistema de cintas magnéticas que podían
lerse cara adiante e cara atrás.
O UNIVAC II utilizaba memoria
de núcleos de ferrita. O UNIVAC 1103 por primeira vez tiña
capacidade para facer interrupcións. A UNIVAC I foi vendida á Oficina
do Censo dos Estados Unidos para ser utilizada no Censo de 1950. En 1952,
un Univac utilizouse para computar o resultado das eleccións presidenciais
entre Eisenhower e Adlai Stevenson. O resultado (victoria de Eisenhower)
sóubose 45 minutos despois de que cerraran os colexios electorais
e a precisión da predicción fixo saltar á fama o
UNIVAC; a predicción difería do escrutinio en tan só catro
votos.