Naceu
en Londres. Foi un neno prodixio que viviu marxinado na escola. Pese á súa
intelixencia evidente, foi advertido de que se non se aplicaba podía
ter un fracaso na obtención do certificado escolar. Na universidade
de Cambridge estudiou lóxica matemática. Durante toda a
súa
vida, gracias a súa capacidade, tería diferentes cargos
de responsabilidade en varias universidades e proxectos de investigación
do goberno británico.
Turing
pode ser considerado o pai da Intelixencia Artificial. O test de Turing
utilízase para determinar se unha máquina ten
intelixencia. A súa contribución máis importante,
base da programación de máquinas electrónicas, é o
concepto de Máquina de Turing, unha máquina teórica
que sería capaz de transformar con precisión operacións
elementais previamente definidas en símbolos nunha cinta de papel,
isto é, unha máquina capaz de executar calquera algoritmo.
Hoxe en día podemos ver unha Máquina de Turing como un
programa informático e a tarefa de interpretación do
programa como o traballo que fai o ordenador.
|
http://ei.cs.vt.edu/~history/TURING.GIF
Alan Turing
http://iseran.ira.uka.de/lehre/rvg-sommer1998/ebp/ebp10a.gif
Colossus
|
Durante
os anos da Segunda Guerra Mundial Alan Turing colaborou co goberno
británico nun proxecto segredo que sería vital para a
victoria aliada en Europa. Tratábase do deseño dunha
máquina chamada Bomba pensada para descifrar os códigos
que os alemáns usaban nas súas mensaxes secretas xeradas
pola codificadora Enigma. Tamén traballou no desenvolvemento
do Colossus.
Pese ó seu
traballo para o goberno en contra do nazismo e todos os seus descubrimentos
que impulsaron fortemente a historia da ciencia, Turing, homosexual,
foi repudiado pola intolerante sociedade da súa época.
O 8 de xuño de 1954, logo de ser condenado pola súa homosexualidade
a un tratamento médico-farmacéutico equivalente á castración,
o corpo de Turing foi atopado pola súa asistente. Ó seu
carón había unha mazá chea de cianuro. O
dictame do forense foi taxante: suicidio.
|