A
Mark I foi a primeira máquina automática de calcular
que podía realizar 5 operacións aritméticas (suma,
resta, multiplicación, división e referencia a resultados
anteriores ) sen intervención humana. En 1939 Howard H. Aiken
e o seu equipo empezaron a construcción desta máquina.
A
Mark I medía 15.5 metros de longo, 2.40 metros de alto e 60
centímetros de ancho, pesaba unhas cinco toneladas, dispoñía
dun cableado interno de máis de 800 kilómetros, incorporaba
3 millóns de relés.
O
Mark I utilizábase para calcula-los ángulos nos que
debían apuntar os canóns da Mariña.
Traballando
no Mark II, o equipo de Grace Hooper foi protagonista dunha das anécdotas máis famosas da historia da computación:
no verán de 1945, o equipo de Grace estaba traballando nun edificio
sen aire acondicionado. Para tratar de refresca- lo ambiente da sala,
tiñan tódalas fiestras abertas. De repente, a máquina
deixou de funcionar. Revisando o seu interior, encontraron unha polilla
esmagada pola máquina. Retirouse a polilla cunhas pinzas e pegouse
con cinta adhesiva á bitácora de traballo coa nota: "First
bug found" (Primeiro bicho encontrado). Os programadores de hoxe
en día utilizan o termo "bug" para referirse a un fallo
nunha aplicación ou configuración, e "debug" para "depurar",
esta vez xa non polillas.