Esta americana graduouse en Matemáticas e Física. Estivo enrolada na mariña dos Estados Unidos, converténdose na primeira muller nomeada co grao de Almirante da Mariña de Guerra do seu país. Inventa o primeiro "compilador " (1952). Este permitía traducir algunhas palabras do inglés á linguaxe máquina. O seu obxectivo era encontrar un sistema de programación que puidese escribirse en inglés para ser utilizado en tarefas empresariais de facturación ou de cálculo de nóminas. Crea a linguaxe Flow que sería a base da Linguaxe COBOL. Foi conselleira do CODASYL, comité encargado de deseñar a linguaxe COBOL.

Foi a primeira "hacker" da historia da computación, entendendo "hacker" no seu sentido tradicional. "Hacker" servía para denominar as persoas que traballaban nos peiraos descargando maletas durante o período de migración de fins do s. XIX en EE.UU. Fai referencia ó rutinario, tedioso e entregado deste traballo. Os "hackers" dos peiraos pasaban día e noite traballando. Grace foi considerada como a primeira hacker debido á súa perseveranza como traballadora.
Paradoxicamente recibiu entre moitos recoñecementos e condecoracións, o título de Home do Ano en Ciencia da Computación.
Foi a primeira científica que asegurou cas computadoras non soamente podían servir para fins bélicas. Recibiu o apelativo de "Amazing Grace" (a asombrosa Grace).



http://www.sdsc.edu/ScienceWomen/hopper.html
Grace Murray Hopper

 


http://www.sdsc.edu/ScienceWomen/hopper.html

Grace Murray Hopper

© CESGA, Centro de Supercomputación de Galicia. 2003