Durante
a Segunda Guerra Mundial producíronse grandes desenvolvementos
tecnolóxicos. Había que eliminar ó inimigo e para
iso os diferentes países puxeron a traballar ós seus mellores
científicos na creación de novas e sofisticadas máquinas
que axudasen na batalla. Neste contexto, no ano 1943, un coronel do exército
dos Estados Unidos solicitou unha máquina calculadora para a artillería.
A máquina acabaría de facerse xa rematada a guerra, no 1946,
e chamaríase Electrical Numerical Integrator and Calculator
(ENIAC).
O
ENIAC foi o primeiro computador electrónico da historia. Foi
deseñado na Universidade de Pennsylvania por John P. Eckert e
John W. Mauchly. O ENIAC tiña unhas dimensións que hoxe
chaman a atención, 30 metros de longo e 2,40 de ancho. O seu peso
era de 32 toneladas. Estaba composto por 17.468 válvulas ás
que hai que engadir centos de resistencias, condensadores, etc. O calor
destas válvulas elevaba a temperatura do local onde estaba o ENIAC
ata os 50 graos. Este primeiro computador podía resolver 5.000
sumas e 360 multiplicacións por segundo, pero a súa programación
era moi tediosa e debían cambiárselle continuamente os
seus tubos de baleiro. O ENIAC foi retirado do funcionamento no 1952.