John
Vincent Atanasoff naceu en Nova Iork. Seu pai era un enxeñeiro
eléctrico chegado ós Estados Unidos dende Bulgaria e a súa
nai unha mestra de escola que transmitiu ó seu fillo a paixón
polas matemáticas. Atanasoff doutorouse en física teórica
e impartiu clases na universidade de Iowa. Un dos grandes problemas que
tiñan os físicos da súa época era a inmensa
cantidade de cálculos que tiñan que facer. Atanasoff, afeizoado á electrónica
e coñecedor da máquina de Pascal (A Pascalina), decidiu construír
unha máquina calculadora dixital que simplificase os problemas matemáticos
que tiñan que resolver os físicos.
A
grande aportación de Atanasoff á historia da computación
foi o seu concepto de Computadora Electrónica Dixital. Este
concepto naceu nunha taberna de Iowa, onde Atanasoff definiu os catro
preceptos básicos que debía cumprir a súa máquina:
usaría electricidade e compoñentes electrónicos,
estaría baseada nun sistema binario, empregaría condensadores
para almacenar datos e tería un sistema lóxico para o
cómputo e non para a enumeración. O primeiro prototipo
da súa máquina, feito coa colaboración do entón
estudiante Clifford Berry, chamouse ABC (por Atanasoff Berry Computer)
e foi rematado en decembro de 1939.