O paquete pyMPI está instalado nos servidores Superdome e SVGD.
A linguaxe interpretada Python proporciona unha gran contorna de construción
de scripts e contornas de control. Mentres que Python presenta un modelo
baseado en threads, o seu deseño básico non é particularmente apropiado para a
programación paralela. A extensión pyMPI foi deseñada para proporcionar
operacións paralelas para Python sobre plataformas paralelas distribuídas
usando MPI.