Unha nova aplicación en producción: EMAN Simulación
Aplicación: EMAN
Máquina: SVGD
Versión: 1.8
EMAN é un paquete de software completo para a construción de modelos 3D desde un conxunto de imaxes de partículas orientadas aleatoriamente. Esta técnica úsase tipicamente xunto imaxes de moléculas individuais obtidas usando criomicroscopía electrónica. Esta técnica é capaz de determinar estruturas de partículas con resolución subnanométrica nun rango de 10-1000 nm.
A parte fundamental de EMAN é a librería ciéntifica de procesamentos de imaxes adecuada para o seu uso en Python. EMAN tamén incorpora un número de ferramentas para o “Docking” de estruturas cristalinas (procedentes de difracción de raios X) en mapas de densidade de baixa resolución.