Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Computación » Rec Especiais
Destacados

Conectados
347 visitantes
Total dende 21-12-05: 74804678 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Solicitude de recursos especiais PDF E-mail
O acceso os recursos dos servidores de cálculo e almacenamiento dispoñibles no centro está limitado co fin de poder compartir estos recursos de forma equitativa entre os usuarios, e o mesmo tiempo poder garantizar un funcionamiento óptimo dos sistemas. Tamén é necesario establecer límites nos tempos de execución dos traballos para poder planificar as paradas de mantemento sen prexuicio de que se teñan que deter traballos en execución.

Sen embargo, existen situaciones particulares nas que un usuario ou grupo de investigación pode requerir, por un prazo limitado e para determinados cálculos, uns recursos superiores ós utilizados habitualmente ou unha priorización dos seus traballos co obxetivo de ser competitivos no seu campo. É unha das misións do CESGA o facilitar ós investigador o acceso a estes recursos polo ben da comunidade científica, polo cal ten habilitado un mecanismo mediante o cal se posibilita este acceso.

En xeral, o procedemento a seguir nestas situacións consiste en cubrir un formulario de solicude de acceso a recursos especiais, indicando, especialmente, cales son aqueles valores que necesita incrementar (memoria, tempo de cpu, número de procesadores, espazo en disco scratch ou número de traballos simultáneos) ou se necesita priorización dos seus traballos. É moi importante indicar as datas de comezo e fin durante as cales se aplicarán estes recursos especiais, así como xustificar as razóns polas que son necesarios estes recursos.

Unha vez recibida a solicitude, esta será analizada polo departamento de sistemas e comunicarase ao usuario a decisión adoptada respecto á súa aceptación ou denegación da mesma, así como as condicións de utilización do servizo.

En xeral, e para evitar prexudicar ao resto dos usuarios, tras gozar dun aumento puntual dos recursos, o usuario ou grupo de investigación verá penalizada a súa utilización dos servizos do centro, do cal será informado no momento en que se lle conceda o acceso.

Actualizado ( 12.04.2010 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA