O CESGA procederá a dar de baixa un total de catro aplicacións de cálculo científico debido á falta de demanda das mesmas entre os usuarios do Centro. Estas aplicacións, revisada a súa funcionalidade, apenas tiveron uso nos últimos dous anos.
Como un dos servizos prestados aos usuarios do CESGA está a instalación e mantemento das aplicacións de cálculo científico usadas nos superordenadores do centro. Para mellorar o servizo, é necesario revisar o grao de uso das aplicacións instaladas e, periodicamente, actualizar a lista de aplicacións soportadas.Dentro desta revisión encontrouse que as seguintes aplicacións instaladas e soportadas polo CESGA non tiveron uso durante os dous últimos anos:
blast
cernlib
GlimmerM
Phylip
Por este motivo, procederase a dar de baixa as mesmas a partir do 15 de Maio de 2007. Se por algún motivo esta acción pode repercutir no seu traballo, por favor, póñase en contacto co Departamento de Aplicacións e Proxectos a través de correo electrónico () ou vía telefónica (981 569816).