Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Cesga
Destacados

Conectados
264 visitantes
Total dende 21-12-05: 75387384 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

CESGA - Descrición PDF E-mail

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servicios avanzados da Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C.).

O CESGA leva a cabo as súas accións ao través de dous institucións: 

  • Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación CESGA). Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co nº 2002/12, C.I.F., G-15852981. 

  • Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (S.A.X. CESGA). Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 1.289, sección xeral, folio 55, folla nº C-7523, inscrición 1ª, C.I.F.A-15420599. 

    Consulte aquí os informes anuais de xestión da Sociedade.

A Fundación CESGA é unha institución sen ánimo de lucro. Os membros do padroado pertencen á Xunta de Galicia e ao CSIC.

A S.A.X. CESGA constitúese como unha Sociedade Anónima de Xestión na que participan a Xunta de Galicia, cun 70% do capital, e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C.),  cun 30%.
A S.A.X. CESGA xorde do compromiso da Xunta de Galicia de promover servicios comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra banda, do interese do "Consejo Superior de Investigaciones Científicas"  por promocionar en Galicia un contorno de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servicios avanzados na sociedade da información e o coñecemento.
MISION E FUNCIÓNS
FUNDACIÓN CESGA:
Misión: Fomentar, difundir, prestar servicios de cálculo intensivo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas e do CSIC, así como, a aquelas empresas ou institucións que o soliciten e deste xeito, contribuir mediante o perfeccionamento tecnolóxico e a innovación, á mellora da competitividade das empresas.
 
Funcións máis significativas:
  • Proporcionar servicios de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas á comunidade de usuarios.
  • Xestionar a "Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia".
  • Fomentar e Promocionar a cooperación entre empresas e institucións.
     
S.A.X. CESGA:
Misión: Promover servicios comúns de apoio á investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito das tecnoloxías da información e das comunicacións, en Galicia e na comunidade investigadora do CSIC.
Para elo a S.A.X. CESGA promoverá accións tendentes á innovación e mellora na prestación de servicios de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas así como actividades encamiñadas a favorecer solucións no campo da sociedade do coñecemento.
 
Funcións máis significativas:
  • Promover e difundir o uso de tecnoloxías de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas
  • Promover e difundir o uso de tecnoloxías relacionadas coa sociedade do coñecemento incluíndo: comercio electrónico, e-learning e sistemas de información xeográfica.

 

Actualizado ( 01.12.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA