Do 26.03.2007 ao 28.03.2007. Aula de Informática de Docencia da Escola Universitaria de Enfermería - Universidade de Santiago de Compostela INSCRICIÓN
Obxectivos: Mellorar a eficiencia dos códigos computacionais producidos polos investigadores de Mathematica
Colabora: Departamento de Electrónica e Sistemas. UDC
Perfil de asistentes: Investigadores de Ingenio MATHEMATICA que desenvolven programas de cálculo e que queiran mellorar os seus tempos de resposta.
Horarios:
Día 26 de marzo: de 15:00 a 20:00
Día 27 de marzo: de 9:00 a 14:00 formación e de 16:00 a 21:00 as tutorías individualizadas.
Día 28 de marzo: de 9:00 a 14:00
Formato: Presencial de 15 horas teórico/prácticas, repartidas en 3 sesións de 5 horas.
Durante a tarde do segundo día, os asistentes terán dereito a unha tutoría individualizada, que deben solicitar previamente con unha breve descripción do tema.
Profesorado: Profesores do grupo de arquitectura de ordenadores da facultade de Informática da Universidade da Coruña y da Universidade de Santiago.
Nº de prazas: 25
CONTIDOS:
1. Compilación/linkado de programas
- Descrición do proceso de compilación/linkado
- Compiladores C e Fortran
- Descrición e uso das opcións de compilación
- Definición e uso das opcións de optimización
- Chamadas a subrutinas Fortran dende C e viceversa
2. Aritmética do computador e as súas implicacións en computación matemática
- Formato de números enteiros
- Formato en punto flotante IEEE 754
- Rango, precisión e redondeo
- Excepcións en punto flotante: overflow, underflow, NaN ...
- Big endian-little endian
- Exemplos aplicados a computación matemática
3. Utilización de librarías matemáticas
- Definición e uso de librarías
- Librerías estáticas e dinámicas
- Librarías compartidas
- Librarías matemáticas (BLAS, LAPACK ...)
- Creación e manipulación de librarías propias
4. Optimización do rendemento da xerarquía de memoria
- A xerarquía de memoria: principio de localidade
- Fundamentos de funcionamiento da memoria caché: carga, ubicación e reemplazo de líñas
- Técnicas de optimización software: intercambio de bucles, fusión de bucles, partición en bloques (blocking) ...
5. Depuración e evaluación do rendemento
- Ferramentas de depuración
- Ferramentas para a evaluación do rendemento
6. Introducción a computación paralela
- Clasificación das arquitecturas paralelas
- Paradigmas de programación paralela
- Elección do paradigma de programación paralela (memoria distribuida vs memoria compartida)
- Exemplos de aplicacións de Introducción a la Computación, paralelización e optimización
|