Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Cursos e Eventos » Matemáticos de todo o Estado reúnense en Compostela ao redor do Nodo CESGA
Destacados

Conectados
3702 visitantes
Total dende 21-12-05: 74020858 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Matemáticos de todo o Estado reúnense en Compostela ao redor do Nodo CESGA PDF E-mail
Durante os días 23 e 24 de xaneiro, celebraranse en Santiago de Compostela, organizadas polo Nodo CESGA,  e dentro do proxecto Consolider INGENIO MATHEMATICA, as xornadas “Arrancando MATHEMATICA CONSULTING” xurdido co obxecto de promover o uso de métodos e técnicas matemáticas no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación nas empresas.

O proxecto Ingenio MATHEMATICA é unha proposta singular que desenvolverá un Programa de Actividade Investigadora integral para a matemática española, co fin de promover e executar actuacións estratéxicas. A intención é incrementar, cualitativa e cuantitativamente, o peso da matemática no ámbito da Ciencia e  Tecnoloxía no espazo nacional e internacional. En MATHEMATICA participa un nutrido grupo de investigadores galegos pertencentes ás Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo, ademais do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
 
Coas Xornadas “Arrancando MATHEMATICA CONSULTING”, ás que asistirán matemáticos e investigadores de todo o estado, representantes de empresas de diferentes sectores, como ENDESA e AFI (Analistas Financieros Internacionales), preténdese dar a coñecer a situación actual do Consulting, marcar as pautas de actuación para potenciar a transferencia da tecnoloxía matemática, buscar mecanismos de interconexión entre os grupos de investigadores que participan no proxecto MATHEMATICA e marcar o percorrido da plataforma MATHEMATICA CONSULTING para o ano 2007.
 
As xornadas celebraranse, durante o martes 23 e mércores 24 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Todas aquelas persoas interesadas poderán seguir as sesións por Internet, na web http://www.mathematica.unican.es 
Actualizado ( 23.01.2007 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA