Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Projects » O proxecto Discognitios posibilita a telerehabilitación de persoas maiores
Highlights

Users Online
469 guests online
Total since 21-12-05: 75369679 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

O proxecto Discognitios posibilita a telerehabilitación de persoas maiores PDF E-mail
O Centro de Supercomputación de Galicia, xunto co Grupo de investigación en Xerontoloxía da Universidade de A Coruña, veñen de crear unha aplicación informática para a telerehabilitación cognitiva de persoas maiores.

Discognitios é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Investigación Desenvolvemento e Innovación que están a levar a cabo o Grupo de investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña e a área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia.

No marco deste proxecto, que se está a desenvolver entre os anos 2004 e 2007, e que ten como principal obxectivo desenvolver unha ferramenta de teleestimulación cognitiva que permita levar aos domicilios das persoas maiores diferentes contidos no ámbito da estimulación cognitiva, elaborouse unha base de datos on line na que se poden buscar aplicacións informáticas, fundamentalmente xogos e exercicios, dirixidas a persoas maiores que presenten alteracións na súas capacidades mentais superiores entre as que destacan a orientación, a memoria, a percepción, a linguaxe ou o cálculo. Tamén son potenciais usuarios desta plataforma aqueles maiores que presenten perdida de memoria asociada á idade.

Para a elaboración desta base de datos, avaliáronse máis de cento cincuenta aplicacións, atendendo tanto ao grao e ao tipo de deterioro cognitivo así como ao grao de accesibilidade dos potenciais usuarios, as persoas maiores.

Posteriormente, e para validar a aplicabilidade destes programas, realizouse un traballo de campo con un grupo piloto de persoas maiores, que utilizaron aquelas actividades que foron mellor valoradas na fase de avaliación.

Nesta aplicación online, que calquera persoa interesada pode consultar na páxina Web http://lembra.cesga.es, onde, ademais de ofrecer as aplicacións adaptadas a cada persoa en función do tipo de deterioro cognitivo que presente, tamén proporciona información a aqueles profesionais da xerontoloxía que queiran ampliar os seus coñecementos neste campo de estudo, facilitando información sobre programas informáticos que permiten o deseño e desenvolvemento de aplicacións para a rehabilitación cognitiva, así como plataformas para a telerehabilitación cognitiva.

Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA