Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Computing » Novo Supercomputador HP Cluster Superdome
Highlights

Users Online
442 guests online
Total since 21-12-05: 74816007 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Novo Supercomputador HP Cluster Superdome PDF E-mail

O novo supercomputador HP Cluster Superdome

      alt

   

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de integrar como parte dos seus equipamentos un novo superordenador que lle permitirá multiplicar por sete as súas prestacións. Coa entrada en funcionamento deste novo sistema, desenvolvido por HP, o CESGA converterase no centro de cálculo científico de maior capacidade de España. O servidor, que se dedicará fundamentalmente á resolución de ‘grandes’ problemas, permitiralle á comunidade científica abordar problemas de maior complexidade. A adquisición das novas máquinas ven dada polo incremento rexistrado na demanda de cálculo dos usuarios do CESGA e pola maior dimensión dos seus problemas.

 

O CESGA É DE NOVO O MAIOR CENTRO DE CÁLCULO CIENTÍFICO DE ESPAÑA

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ven de constituírse no centro de cálculo científico de maior capacidade de España, trala incorporación as súas instalacións dun novo superordenador que lle permite multiplicar por máis de sete a súas prestacións, e que foi cofinanciado con Fondos Europeos para o Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A necesidade de adquirir o novo equipamento, desenvolvido pola compañía HP, veu dada pola amplitude da comunidade que recorre ao CESGA para resolver os seus traballos, e que acada xa máis de trescentos grupos de investigación.

  

O presidente do CESGA, Pedro Merino, asegura que o "obxectivo derradeiro" destas medidas é "promove-lo coñecemento e poñelo ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia", e matiza que para conseguir unha "mellora sostida" é necesario "centra-la atención no propio Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia, para reforza-los seus puntos máis febles e xerar así unha infraestructura permanente capaz de da-lo salto do coñecemento á innovación coa maior eficacia".

Coa incorporación do novo servidor, a capacidade de cálculo do centro aumentou de 125,9 a 893,9 xigaflops (miles de millóns de operacións por segundo), o que lle permitirá á comunidade científica abordar problemas de maior complexidade, levar a cabo os seus proxectos con maior axilidade e eficacia e potencia-lo vencellamento con investigadores doutros centros españois, europeos e estadounidenses.

 alt
   

Esta solución de altas prestacións, que comezará a funcionar antes da fin de novembro, está constituida por un cluster de dous Superordenadores modelo HP Integrity Superdome, que está baseado nunha nova xeración do mais avanzado procesador de Intel (Itanium 2 6M) capaces de facer correr os sistemas operativos Windows, Linux e UNIX simultaneamente. O sistema dispón dun total de 128 procesadores.

O CESGA seleccionou o servidor de HP despois de convocar un concurso aberto para a adquisición do equipamento, ó que tamén se presentaron outros fabricantes coma Fujitsu, IBM, SGI e Sun, e integradores locais coma Catón.

Un ordenador para resolver ‘grandes problemas’

O novo equipamento dedicarase prioritariamente á resolución de "grandes problemas", é dicir, daqueles procesos que demandan unha grande cantidade de recursos de cálculo e memoria.

Por este motivo, á hora de adquiri-lo superordenador esixíuselle unha grande capacidade de cálculo e de memoria principal, unha baixa latencia (tempo de espera) de acceso á memoria, unha alta velocidade da rede de interconexión de nodos e un grande ancho de banda de acceso ó almacenamento secundario.

Ademais, o novo sistema debía ser capaz de convivir co resto dos servidores existentes no Centro, polo que era importante que contase coas características técnicas e servicios necesarios para a súa perfecta integración na instalación.

Á hora de adquiri-lo servidor valorouse tamén a facilidade de adaptación dos usuarios e das súas aplicacións ó novo contorno, así como a sinxeleza de operación no sistema. A pesar da impresionante capacidade de computación proporcionada polo novo sistema, os investigadores teñen problemas que precisan ainda máis recursos de computación, polo que o Cesga está a traballar tamén en proxectos de tecnoloxías ‘Grid’, os que perseguen unir virtualmente os recursos de centros que se atopan afastados entre eles.

Sobre o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

Creado no ano 1993, o CESGA é unha compañía científico–tecnolóxica participada pola Xunta de Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Ten por misión principal favorece-la xeración de coñecemento en diversas áreas proporcionando servicios horizontais para satisfacer intereses científicos, tecnolóxicos e industriais. O CESGA préstalle á comunidade científica servicios de cálculo e almacenamento de altas prestacións, xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia e o Punto Neutro de Internet en Galicia. Ademais, o CESGA participa na dinamización da Sociedade da Información e o Coñecemento a través das súas unidades de tele–ensino, comercio electrónico e sistemas de información xeográfica.

Last Updated ( 03.08.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA