Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Cursos e Eventos » Balance positivo do seminario "Plataformas Tecnolóxicas"
Destacados

Conectados
330 visitantes
Total dende 21-12-05: 75365468 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Balance positivo do seminario "Plataformas Tecnolóxicas" PDF E-mail
O seminario sobre Plataformas Tecnolóxicas celebrouse o día 6 de xuño no Centro Social Caixanova de Vigo e foi organizado pola Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia e a Rede OTRI Galega, coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria –entre outras institucións-.

O obxectivo deste seminario é o de potenciar o coñecemento existente sobre as Plataformas Tecnolóxicas e destacar o papel das empresas e os grupos de I+D+i dentro delas.

No transcurso da xornada, presentáronse algunhas das Plataformas Tecnolóxicas de especial relevancia para Galicia e promoveuse a participación de todos os axentes da I+D+i para contribuír ao desenvolvemento destas Plataformas.

Tamén se sentaron as bases para establecer unha rede de información e colaboración directa, facilitando o contacto entre os participantes e os técnicos a través de entrevistas individuais e da creación dunha lista de distribución.

Ao seminario asistiron máis dun cento de persoas, así como representantes de empresas (42); Centros Tecnolóxicos (11); Universidades (representantes das tres Universidades galegas e un representante da Universidade de Málaga) e tres representantes de Organismos Públicos de Investigación. Polo que respecta aos sectores empresariais que tiveron unha maior presenza no encontro, destaca o sector do Software e das TIC, con oito representantes. Seguíronlle os sectores de Tecnoloxía Mariña e Produtos do Mar, Consultorías e Asesoramento Empresarial, Sector Medio Ambiental e Sector Agroalimentario, con seis representantes. O Sector da Construción estivo presente na xornada con cinco representantes, o Sector Naval con tres e a Biomedicina con dous.

A posta en marcha deste seminario sobre Plataformas Tecnolóxicas posibilitou, así mesmo, que se concertaran 41 entrevistas das 48 solicitadas (as sete restantes non se puideron concertar debido á apretada axenda da xornada e ao elevado número de solicitudes). Estas entrevistas distribúense do seguinte xeito entre os sectores participantes: o número máis elevado, oito entrevistas, correspóndelle á Plataforma Tecnolóxica Agroalimentaria Galega e á Rede OTRI galega. Con seis entrevistas quedáronse o CDTI sobre Plataformas Tecnolóxicas e os Centros Tecnolóxicos –CETMAR, CIS-MADEIRA e AIMEN-; cinco correspondéronlle á Plataforma Tecnolóxica da Construción e á Plataforma Tecnolóxica de Software de Servizos. E, finalmente, concertáronse tres entrevistas con CDTI sobre a Plataforma Tecnolóxica Manufuture.

Actualizado ( 08.06.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA