Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » Presentación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica
Highlights

Users Online
2211 guests online
Total since 21-12-05: 74056997 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Presentación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica PDF E-mail
A Dirección Xeral de I+D+i organiza unha xornada de presentación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, co fin de achegar a maior información posible sobre estes programas de axudas a empresarios e investigadores.

Este plan, que será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) proximamente, corresponde aos Programas Sectoriais de Recursos Naturais, Tecnoloxías para a Innovación e Servizos ao cidadán, ao Programa de Promoción Xeral da Investigación e ao Programa de Fomento da Propiedade Industrial en Galicia.

O primeiro bloque, relativo aos programas sectoriais, está dirixido a proxectos de investigación aplicada e innovación tecnolóxica de grupos de investigación consolidados ou de excelencia, centros tecnolóxicos, empresas e agrupacións de empresas. O segundo bloque está orientado a fomentar a investigación básica de grupos de investigación do Sistema Universitario de Galicia e de organismos públicos de investigación. Por último, as axudas para o fomento da propiedade industrial, están encamiñadas a sufragar parte dos custos derivados da protección e utilización do sistema de propiedade industrial por empresas.
 
A xornada de presentación celebrarase nos vindeiros días nas principais cidades galegas e estará aberta a calquera persoa. Para poder asistir, os interesados deberán confirmar asistencia por teléfono  981541089 ou vía e-mail prensa_sxid@sxid.org.

Data e hora de celebración das presentacións:

  • Luns 29 de maio, ás 12h: Centro Social Caixanova. Rúa Policarpo Sanz, 24-26. Vigo
  • Martes 30 de maio, ás 12h: Edificio da Xunta de Galicia. Salón de Actos da Presidencia.  Rúa Benito Corbal, 47. Pontevedra
  • Martes 30 de maio, ás 19h: Edificio Administrativo. Salón de Actos. Praza Camilo José Cela, s/n. Ferrol
  • Xoves 1 de xuño, ás 20h: Confederación de Empresarios de Ourense. Praza das Damas, 1. Ourense
  • Venres 2 de xuño, ás 19,30h: Edificio Monelos. Salón de Actos. Praza Luis Seoane, s/n. A Coruña
  • Martes 6 de xuño, ás 13h: Fundación Empresa-Universidade. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela
  • Venres 9 de xuño, ás 20h: Cámara de Comercio de Lugo. Avda. Ramón Ferreiro, 28. Lugo
Last Updated ( 24.05.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA