Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Cursos e Eventos » INEO analiza os procesos de internacionalización nas empresas TIC
Destacados

Conectados
351 visitantes
Total dende 21-12-05: 75368272 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

INEO analiza os procesos de internacionalización nas empresas TIC PDF E-mail
INEO, asociación multisectorial das novas tecnoloxías da información e da comunicación, organiza unha xornada en Vigo sobre os fenónemos de asociacionismo supranacional nas empresas TIC.

O seminario fará referencia ás plataformas tecnolóxicas e aos consorcios de exportación dende un punto de vista práctico para as empresas TIC. Contará para iso coa intervención do director xeral de I+D+i da Xunta e presidente do CESGA, Salustiano Mato, e a directora rexional do Instituto de Comercio Exterior (ICEX), María Dolores Loureda.

Salustiano Mato explicará as liñas fundamentais da política da Xunta en materia de I+D+i, salientando a especial relevancia que se lle outorgará á colaboración entre as empresas do sector TIC, co fin de constituír plataformas potentes e competitivas en todos os ámbitos territoriais (rexional, nacional ou internacional). Un obxectivo que só será posible, segundo se analizará, coa participación do sector público (universidade, administración) e privado (industria).

Pola súa banda, María Dolores Loureda falará sobre os consorcios de exportación, deseñados polo ICEX para a promoción do comercio exterior. Esta fórmula está dirixida a asociacións dun mínimo de tres empresas que poden chegar a recibir ata 18.000 en axudas destinadas a este concepto. Este tipo de subvención ten unha duración de 36 meses e conta cun grande éxito noutras comunidades autónomas.

A xornada terá lugar o martes 30 de maio no auditorio de Zona Franca de Vigo e dará comezo ás 16:30 horas. Este evento estará moderado por Francisco Javier Balbín, Delegado de Internacional de Sabadell Atlántico, entidade colaboradora de INEO.

Para inscrición remítase a comunicación@ineo.org.

Actualizado ( 24.05.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA