Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » Seminario: "Plataformas Tecnolóxicas, novas oportunidades para a I+D+I en Europa"
Highlights

Users Online
331 guests online
Total since 21-12-05: 75368200 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Seminario: "Plataformas Tecnolóxicas, novas oportunidades para a I+D+I en Europa" PDF E-mail
Potenciar un maior coñecemento sobre as plataformas tecnolóxicas nacionais e europeas e promover a súa creación entre as PEMEs galegas é o obxectivo do seminario que, baixo o título “Plataformas Tecnolóxicas, novas oportunidades para a I+D+I en Europa”, organizará o vindeiro 6 de xuño en Vigo a Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia (RETGALIA) e maila Rede OTRI Galega.

As plataformas tecnolóxicas son consorcios que agrupan a todos os axentes I+D+I que operan sobre un sector determinado, co fin de atender ás súas necesidades e afrontar os principais retos que se lles presentan (económicos, ambientais, tecnolóxicos e sociais) a través da realización dun programa europeo común de investigación.

O seminario pretende ofrecer unha visión da realidade que rodea ao fenómeno das plataformas tecnolóxicas, como clave para lograr un maior aproveitamento das oportunidades que se están a ofrecer neste eido dende estancias europeas -ata 32.000 millóns de euros destinará a UE a potenciar estes entes, dentro do VII Programa Marco. Oportunidades que, aplicadas aos sectores estratéxicos galegos, redundarían na mellora do seu texido tecnolóxico e industrial.

Por esa razón, a xornada está dirixida fundamentalmente a directivos e xerentes de PEMEs e empresas vinculadas ao I+D+I, pero tamén a todas aquelas persoas con capacidade de decisión estratéxica no ámbito tecnolóxico-empresarial, tales como investigadores e tecnólogos de centros de investigación ou xestores de I+D+I en asociacións e clusters.

O seminario constará dunha parte teórica, que será impartida por representantes da Consellería de Innovación e Industria e do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), e dunha parte práctica, na que se presentarán casos de plataformas tecnolóxicas xa en funcionamento, como a Plataforma Tecnolóxica Española de Fabricación (Manufuture) ou da Construción (PTEC), entre outras.

Ademais, os asistentes poderán ampliar os seus coñecementos a través de entrevistas concertadas con técnicos e especialistas que, vinculados ao seu sector, poidan aportar puntos de vista concretos coa análise de propostas personalizadas. Estes encontros deberán solicitarse previamente a través do formulario de inscrición.

Para máis información http://www.retgalia.org/seminarioPT.php

Last Updated ( 16.05.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA