Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » News » Courses and Events » Innovación e Industria presenta mancomun.org, a iniciativa galega polo Software Libre
Highlights

Users Online
506 guests online
Total since 21-12-05: 75351167 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Innovación e Industria presenta mancomun.org, a iniciativa galega polo Software Libre PDF E-mail

O software libre conta por primeira vez en Galiza cun portal de referencia na Administración no que conflúen as diferentes iniciativas galegas existentes neste eido ata o de agora. Trátase de mancomun.org, a Iniciativa Galega polo Software Libre que promove a Consellaría de Innovación e Industria e que será dende hoxe punto de encontro de empresas, administracións e comunidade de usuarios que teñan proxectos de software libre, ben sexan de desenvolvemento, de difusión, de formación ou só de implantación.

Visite o portal: www.mancomun.org

Mancomun.org nace do compromiso da Consellaría de Innovación e Industria, dirixida por Fernando Blanco, de dinamizar de xeito efectivo as tecnoloxías libres en Galiza. Este departamento da Xunta é consciente das importantes vantaxes sociais e económicas que o emprego do software libre nos diferentes ámbitos pode achegar á sociedade galega, xa que constitúe unha ferramenta axeitada para avanzar na diminución da fenda dixital e, ademais, un poderoso instrumento a favor da lingua galega. Pódense beneficiar deste software tanto os cidadáns e cidadás coma Administración e empresas.

A iniciativa baséase nun modelo de traballo en colaboración, compartido, aberto, estandarizado, público, transparente e de calidade.

Observatorio do software libre.
 
O portal mancomun.org incorpora un observatorio específico sobre software libre e un estudo da súa situación en Galiza, proxectos ambos postos en marcha coa colaboración do CESGA e das universidades galegas. Este observatorio, que examinará a evolución técnica e económica do software libre, conta cun espazo de vixilancia tecnolóxica permanente e outro para a análise das políticas e iniciativas vencelladas ás ferramentas informáticas de libre acceso.
Pola súa banda, o estudo sobre o nivel de implantación de software libre en Galiza irase actualizando, o que permitirá coñecer a situación de partida e a evolución, avaliar a efectividade das medidas adoptadas e axudar con información rigorosa ás empresas que realicen planos de negocio.

Programas de libre acceso.

O portal promovido pola Consellaría de Innovación e Industria conta cunha sección, A Forxa, dende a cal todos os cidadáns poderán acceder, de maneira gratuíta, a programas informáticos de libre acceso, aplicacións en todos os casos realizadas ou traducidas ao galego. A Consellaría quere, desta maneira, facer efectivas as vantaxes que as tecnoloxías libres ofrecen no eido da normalización da nosa lingua e é esta a idea que dende o departamento dirixido por Fernando Blanco se destaca de cara ao 17 de maio, día no que coincide a celebración do Día das Letras, do Día de Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Mancomun.org ofrecerá soporte técnico aos proxectos e continuidade das novas versións das distintas aplicacións informáticas que se acheguen. O emprego de programas de libre acceso supón unha grande oportunidade para a sociedade en xeral, pero facilitará especialmente o desenvolvemento das empresas do sector, ben sexan de consultoría, de desenvolvemento ou de soporte técnico.

O novo portal ofrecerá tamén axendas de eventos, directorios de contactos e recursos e outras utilidades para favorecer a difusión e o coñecemento do software libre en Galiza.

Software libre en Galiza

A Iniciativa Galega polo Software Libre contribuirá a definir a folla de ruta das iniciativas do Goberno galego para a promoción e creación deste software no noso país. Así, formará parte do Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria, que está en proceso de tramitación e se concluirá a finais de 2006. Esta iniciativa, como medida de carácter horizontal, contará necesariamente coa implicación das empresas do sector TIC, das universidades, grupos de usuarios de software libre, administracións e movemento asociativo. Realizará un traballo de dinamización, difusión e colaboración, formación e achega de soporte técnico, necesario para estender o uso do software libre e, en xeral, para achegar a sociedade da información e do coñecemento á sociedade galega.

Segundo a análise da situación actual do software libre dispoñible en mancomun.org, a porcentaxe do uso deste sofware en Galiza é baixo, aínda que existe moita expectación ao respecto. Tan só se supera a barreira do 50% de uso no conxunto das empresas TIC, aínda que o nivel de satisfacción polo emprego do software libre é alto tanto nos ámbitos empresariais coma da administración. Por outra banda, o descoñecemento sobre os aspectos máis básicos do software libre é enorme en calquera dos ámbitos consultados e o uso do galego nas aplicacións informáticas é minoritario. Asemade, non existe formación en software libre nos módulos profesionais, polo que o coñecemento destas ferramentas na empresa é precario.

Last Updated ( 11.05.2006 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA