Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Computación » Boletín » Boletín de Computación do CESGA: nº4 - Abril 2006
Destacados

Conectados
337 visitantes
Total dende 21-12-05: 75376822 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Boletín de Computación do CESGA: nº4 - Abril 2006 PDF E-mail

Contido

CESGA, HP e Intel instalarán “FINIS TERRAE” o supercomputador de maior memoria compartida de Europa    

O pasado 28 de marzo presentouse no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), coa presenza de numerosas autoridades nacionais e galegas, o convenio de colaboración entre CESGA, HP e Intel, polo cal a Xunta de Galicia e o Consejo Superior de Investigaciones de Científicas (CSIC) instalarán o mauor supercomputador de memoria compartida de Europa, o "Finis Terrae". Esta infraestrutura, cunha memoria superior aos 19.000 Gb e presupostado en máis de 60 millóns de euros, aportará a finais do ano  2007 unha potencia de cálculo e almacenaxe suficiente para afrontar cálculos científicos ata agora inabordables. 

 

Ampliacion do almacenamento para usuarios no SVG.         

Con motivo da parada de mantemento do pasado 4 de abril procedeuse a ampliar a capacidade de almacenamento dispoñible para os usuarios do SVG ata 1 Terabyte (1000GB). Deste modo está previsto ampliar as cotas de cada usuario neste sistema desde os 6GB ata os 10GB. Con esta ampliación tamén se mellora o rendemento global de acceso a ficheiros ao dispoñer dunha controladora RAID MSA500G2 con 1GB de caché e 8 discos SCSI de 146GB cada un.

Tamén se ampliou o nodo frontal do cluster a un servidor HP con doble procesador Pentium Xeon a 3.6GHz e 2GB de memoria.

 

Instaladas novas versións do compilador Portland.    

Ata agora a version do compilador Portland residente no cluster Svgd era a 3.3-2m, para os compiladores da mesma empresa, isto cobre os seguintes compiladores e utilidades:

pgCC - The Portland Group Inc. C++ compiler
pgcc - ANSI and K&R C compiler
pgf90 - The Portland Group Inc. Fortran 90/95 compiler
pghpf - Portland Group High Performance Fortran compiler
pgf77 - The Portland Group's FORTRAN 77 compiler
pgprof  -  The  Portland Group Compiler Technology performance analysis tool
pgdbg - The Portland Group Compiler Technology debugger

Despois de analizar as necesidades dos nosos usuarios, todos os compiladores e utilidades, agás os dous primeiros da lista, foron  actualizados á version 6.1-1.

Calquera usuario pode ter acceso a estes compiladores sen necesidade de requirimientos especiais, xa que se atopan todos configurados no path de busca.

Para unha informacion detallada acerca do uso dos compiladores podes visitar o seguinte enlace.  

 

CURSO ''Computación en clusters: instalación, administración e programación''.     

Data: 15.05.2006 ó 19.05.2006
Horario: de 10:00 a 15:00h
Lugar :: CESGA, Avda. de Vigo, s/n (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Organiza: CESGA
Colabora: Universidade da Coruña
Contacto: cursos@cesga.es

Dirixido a:  Ata 18 titulados e profesionais que no seu traballo manexen arquitecturas clúster e pretendan realizar tarefas de administración. Profesionais que se formulen a implantación de solucións baseadas en arquitecturas clúster na súa empresa. O perfil ao que vai dirixido este curso é o de usuarios con necesidades computacionais importantes. Aberto a investigadores e empresas.

Dous alumnos como máximo por cada posto de traballo.

OBXECTIVOS: 

 Preténdese que os asistentes adquiran os coñecementos introdutorios necesarios para a administración dun clúster. Para unha mellor consecución desta fin comezarase analizando esta arquitectura e as causas do seu auxe nos últimos tempos. Posteriormente iniciarase un percorrido polos distintos servizos que os clusters proporcionan aos seus usuarios ofrecendo unha visión global de que é o que se lle pide ao administrador dun clúster. As tarefas de administración abordadas irán desde a instalación dun clúster analizando as distintas opcións existentes ata o mantemento necesario e a implantación de novos sistemas e arquitecturas. Do mesmo modo, os contidos prácticos do curso perseguen que se consigan aplicar dunha forma inmediata os coñecementos adquiridos, así como identificar tarefas a realizar nun contorno real. Analizaranse as posibilidades de implantación de servizos sobre unha arquitectura cluster.

CONTIDOS:
 
Modulo I - Administración de Servidores Linux (8h)

Introdución á administración de Servidores Linux
Instalación de distintas distribucións de Linux
Configuración de rede local
Servizos de rede: NFS, DNS, NIS+ (ou LDAP), WWW e NTP
Alta de novos usuarios e as súas restricións (quota)
O kernel de Linux
Configuración de aplicacións
Breve introdución á shell scripting
Protección fronte a fallos: RAID, Backups e SAIs
Seguridade en linux (iptables e wrappers: hosts.allow/hosts.deny)

Modulo II - Programación de Clusters (8h)

Sesión I (4 horas)
Introdución ás Arquitecturas Clúster
Evolución histórica das Arquitecturas de Computadores
Conceptos de clustering e de redes de interconexión
Instalación dun clúster: selección de compoñentes
Administración de Arquitecturas Clúster
Xestores de colas: OpenPBS
Balanceadores de carga.Linux Virtual Server
SSI (BPROC) e middlewares
Sesión II (4 horas)
Paradigmas de programación e bibliotecas: MPI (MPICH) e Erlang
Programación en clusters: exemplos prácticos (servizos Erlang e scripts de envío de traballos MPI)
Almacenaxe de alta capacidade en sistemas clúster (SAN)
Sistema de ficheiros en clusters (CFS)

Modulo III - Aplicacións (4h)

Software de administración e monitorización de clusters
Problemas típicos en Extreme Computing
Clusters en aplicacións científicas
Clusters en aplicacións empresariais
Utilización de clusters como servidores www
BBDDen clusters

 

 Enlaces esenciais.     

Documentación e manuais dos sistemas de cálculo, almacenamento e aplicacións:

http://doc.cesga.es

Uso do sistema de colas no CESGA:

http://www.cesga.es/content/view/431/53/

Guía básica de Unix:

http://iie.fing.edu.uy/~vagonbar/unixbas/

FAQs de computación:

http://www.cesga.es/component/option,com_simplefaq/Itemid,16/

Monitorización en tempo real (máximo 30 minutos de retardo) do estado dos servidores e as colas:

Estado sistemas

Como solicitar axuda:

 : para calquera aspecto relacionado cos servidores de cálculo, sistemas de colas, almacenamento, etc…

: en caso de consultas relacionadas co uso de aplicacións, peticións de novas aplicacións, etc…
Actualizado ( 05.10.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA