Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Computación » O Centro de Supercomputación de Galicia sube ao posto 227 do TOP500
Destacados

Conectados
535 visitantes
Total dende 21-12-05: 75375362 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

O Centro de Supercomputación de Galicia sube ao posto 227 do TOP500 PDF E-mail
A recente incorporación do Integrity Superdome aos equipos do Cesga, grazas á cofinanciación FEDER, permitiulle a este organismo atoparse entre os douscentos cincuenta centros do mundo cos recursos de maior capacidade no eido da supercomputación.

O TOP500 é unha lista que se elabora cada seis meses desde o ano 1993 para facilitar unha base de datos fiable que localiza e clasifica sistemas e equipos de supercomputación en todo o mundo. Esta lista inclúe ademáis datos específicos sobre as áreas de aplicación dos sistemas. O ránking TOP500 elabórase a partir da potencia dos sistemas no Linpack Benchmark.

A nova edición do TOP500, que se publicou o pasado 15 de novembro, reflicte os espectaculares avances acadados nos ultimos seis meses polo Cesga converténdose no primeiro referente español en materia de supercomputación.

O TOP500 experimentou neste semestre grandes movementos, como o demostra o feito de que o derradeiro posto da nova lista estea ocupado por un equipo de 403'4Gflop/s situado no 290 en xuño do 2003. Isto ven acompañado polo incremento do número de sistemas que exceden o 1TFFlop/s, e que pasaron de 59 á 131. Así mesmo o nivel de entrada na lista fíxase en 403G'4 Gflop/s, fronte ós 245'1Gflop/s de hai tan só seis meses.
 
Outro dato significativo vén dado polo total da potencia acumulada polos cincocentos sistemas recollidos na lista que supera nestes intres o medio petaflop. Agora mesmo a potencia é de 528Tflpo/s cando na lista anterior era de 375Tflop/s. Ademais o punto de entrada para o TOP100 desprazouse desde os 708Gflop/s do listado anterior aos 1142Tflop/s do actual.
 
No novo TOP500, 189 sistemas usan procesadores Intel fronte aos 119 de hai seis meses e aos escasos 59 de hai tan só un ano. Por outra banda, 208 sistemas están clasificados como clusters, o que fai desta estrutura a máis común da lista. IBM é a compañía que lidera novamente na lista o total da potencia instalada, aumentando a súa porcentaxe ata o 35'4 por cento, fronte ao 31.8 por cento de hai un ano. HP sitúase en segundo lugar da potencia instalada co 22.7 por cento, e NEC é o terceiro co 8.7 por cento.
Actualizado ( 26.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA