Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Cursos e Eventos » Primeiro Curso de Xestión de Proxectos Europeos de I+D+I en Galicia
Destacados

Conectados
360 visitantes
Total dende 21-12-05: 75365988 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Primeiro Curso de Xestión de Proxectos Europeos de I+D+I en Galicia PDF E-mail

Versando sobre o VI Programa Marco, o primeiro Curso de Xestión de Proxectos Europeos de I+D+I en Galicia, organizado pola Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia, reuniu a case unha trintena de técnicos e xestores procedentes de diversos centros tecnolóxicos adscritos á Rede, así como dalgunhas empresas relacionadas coa mesma. Todos, co obxectivo de incrementar a súa presenza nas propostas de proxectos europeos, aumentando ao mesmo tempo a súa calidade e asegurando a mellor capacitación dos participantes.

O curso abordou, dende unha perspectiva eminentemente práctica, todos os pasos necesarios para levar a cabo con éxito a xestión dun proxecto completo, facendo especial énfase no referente á protección de datos e ao proceso contractual coas entidades comunitarias.

Para tal fin, as xornadas contaron coa presenza de relatores, expertos na materia, de entidades como CDTI (Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial), IPR Helpdesk, ATOS Origin, EOSA Consultores e membros de RETGALIA.   

 O seminario pretende ser unha axuda, para todas as organizacións, públicas e privadas con intención de introducírense por primeira vez no mundo dos programas europeos e para aquelas que xa tendo participado, desexen mellorar os resultados obtidos, incrementar a súa presenza ou adquirir máis responsabilidades.
 
Á vista destes obxectivos e analizadas as conclusións, organizadores e participantes fixeron unha valoración moi positiva dos resultados obtidos e esperan que esta iniciativa contribúa a unha maior presenza dos investigadores galegos no ámbito europeo.
 
Na mesma liña, a Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia ofrecerá nos vindeiros meses unha actualización do curso coa análise dos cambios que introduza o sétimo Programa Marco, previsto para o ano 2007.  
Actualizado ( 24.02.2006 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA