Servidores de salas virtuais
A continuación indícanse os servidores de salas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a situación de servidores alternativos.
Ponte Multicast-Unicast
Disponse dunha ponte multicast-unicast que proporciona conectividade a aqueles sitios sen soporte multicast.Proporciónase este tipo de conectividade ás seguintes salas:
Salas con soporte ponte multicast-unicast do servidor de salas do CESGA:
Salas con soporte ponte multicast-unicast do servidor de salas da Universidade de Vigo:
Proximamente engadiranse novas salas a esta lista.
Multicast Beacon
Dispuxose dun servidor Multicast Beacon que axudará a comprobar a conectividade multicast entre os diversos nodos.Os datos técnicos para conectar co mesmo son os seguintes:
- CENTRALSERVERNAME: agserver.cesga.es
- GROUP: 224.2.100.100
- PORT: 10002
Ponte multicast-unicast baixo demanda
Na dirección web http://agserver.cesga.es:9095 accédese á interface web que nos permitirá crear unha ponte multicast baixo demanda tanto para sesións xenéricas como para sesións RTP/RTCP. Neste último caso permitiranos escoller de entre todo o repertorio de streams do fluxo multicast aqueles que sexan de relevancia para nós, permitindo economizar ancho de banda cando sexa necesario.
Para que funcione correctamente debe autorizarse a dirección IP de destino do reenvío do tráfico.
Lista de correo AccessGrid
Creouse unha lista de correo sobre esta tecnoloxía para informar as diversas problemáticas ou novidades que xurdan.
Pode solicitar o acceso á lista de correo .
Información de contacto
Para calquera consulta sobre dispoñibilidade ou interese sobre esta infraestrutura envie a súa consulta a .
|