Salas AccessGrid da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
No ámbito do proxecto TORGA.net creáronse 6 salas de traballo colaborativo AccessGrid. A continuación indícase a súa situación e as direccións web nas que poderá obter información actualizada sobre as mesmas. Centro de Supercomputación de Galicia
A sala AccessGrid do CESGA encóntrase situada no mesmo centro. Un esbozo e información sobre como chegar o encontrará pulsando aquí.
Os datos do nodo son os seguintes:
- Contacto principal:
Dpto. de Comunicacións, , +34981569810
- Operadora do nodo:
Natalia Custas Lago, , +34981569810
- Contacto de rede:
Dpto. de Comunicacións, , +34981569810
Para solicitar o uso da sala debe cubrirse o Formulario de solicitude.
Universidade do Minho
A Universidade do Minho dispón na actualidade de dúas salas AccessGrid nas seguintes situacións:
- Campus de Gualtar (Braga, Portugal)
- Campus de Azurem (Guimaraes, Portugal)
Pode obter información actualizada de ambos os dous nodos pulsando aqui .
Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo dispón na actualidade de tres salas AccessGrid nas seguintes situacións:
- Campus de Vigo (Galicia, España)
- Campus de Ourense (Galicia, España)
- Campus de Pontevedra (Galicia, España)
Pode obter información actualizada destes nodos pulsando aqui .
Información de contacto
Para calquera consulta sobre dispoñibilidade ou interese sobre esta infraestrutura envie a súa consulta a . |