O sistema HPC320 instalado no CESGA está formado por 8 servidores ES45 que forman un total de 32 CPUS Alpha EV68 a 1GHz (rendemento pico de 64 GFlops), 6 deles con 8 Gigabytes de memoria e outros 2 con 16 Gigabytes. Cada un dos nodos posee un almacenamento interno de 144 GBytes. Os nodos están interconectados mediante unha rede Memory Channel II de baixa latencia (MPI < 2 microsegundos) e alto ancho de banda (200 Mbytes/s). Asemade, todo os nodos están conectados mediante un switch de fibra a unha cabina de almacenamento en disco compartido de 1 Terabyte. A memoria total do sistema é de 80 Gbytes e o espazo en disco é de 2 Terabytes. No benchmark Linpack obtivemos un rendemento de 45 GFlops.