Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Servizos » Comunicacións
Destacados

Conectados
408 visitantes
Total dende 21-12-05: 75373920 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Comunicacións PDF E-mail

A comunidade científica galega usa a rede para satisfacer as súas necesidades en canto á transmisión de datos, videoconferencia, telefonía IP, tele-ensino, vídeo baixo demanda ou o uso de aplicacións gráficas interactivas.

Ademais de interconectar os centros de investigación en Galicia, RECETGA facilítalles acceso a todos os recursos e servizos dispoñibles a través de RedIRIS e Internet, xa que o CESGA é o nodo de RedIRIS en Galicia. A rede tamén lles permite aos investigadores conectarse en remoto aos recursos do CESGA nos campos da supercomputación, a visualización científica, a animación e o tele-ensino. As universidades galegas fan uso da rede co fin de optimizar a súa xestión.

Un dos servizos que se veñen prestando ás universidades é a interconexión dos campus de cada universidade a través de circuítos virtuais permanentes que son empregados para enlazar as centraliñas de telefonía o que supón un grande aforro ao permitir intercambiar entre os campus chamadas de telefonía sen custo. O CESGA estuda a posibilidade de difundir a transmisión de voz a outros centros de investigación utilizando tecnoloxías de VoIP (Voz sobre IP) e VoATM (Voz sobre ATM).
Constantemente, novos servizos son engadidos á oferta de RECETGA. Nun futuro próximo os usuarios terán acceso á "Rede de Bibliotecas das Universidades de Galicia" a través da RECETGA. Desde o CESGA entendemos que o criterio fundamental que debe guiar o crecemento da rede é a calidade de servizos (QoS), un criterio inherente á tecnoloxía ATM. Non é suficiente que as liñas sexan rápidas, senón que é necesario que sexan estables e garantan a continuidade do servicio.

O CESGA inviste en proxectos orientados a fortalecer a infraestrutura existente así como a mellorala establecendo novas conexións entre os nodos principais utilizando fibra óptica o que permitirá manter un alto nivel de redundancia, e conseguir nun futuro próximo, velocidades na troncal por riba dos 2,5 Gbps.

 
Actualizado ( 30.12.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA