Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Servizos » Correo-e
Destacados

Conectados
365 visitantes
Total dende 21-12-05: 66567042 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Correo-e PDF E-mail
Política de Uso do Servizo de Correo Electrónico
Compromiso institucional do Centro de Comunicacións CESGA/RECETGA cara ó problema do Abuso no Correo Electrónico.
 

Aprobado polo Director Xerente do CESGA

Introdución

O CESGA recoñece os principios de libertade de expresión e privacidade de información como partes implicadas no servizo do correo electrónico. O CESGA ofrece uns niveis de privacidade semellantes aos que se ofrecen no correo postal tradicional e nas conversas telefónicas.

O CESGA promove e anima ao uso do correo electrónico e respecta a privacidade dos usuarios. Nunca se realizarán monitorizacións ou inspeccións dos buzóns de forma rutinaria e sen o consentimento do propietario do buzón asignado polos responsables da nosa organización. Sen embargo poderase denegar o acceso aos servizos de correo electrónico locais e inspeccionar, monitorizar e cancelar un buzón privado:

1. Cando haxa requerimentos legais.
2. Cando haxa sospeitas fundadas de violación da política interna da institución. Evitando caer en rumores, chismorreos ou outras evidencias non fundadas sen previo consentimento do máximo responsable do servizo.
3. Cando por circustancias de emerxencia, onde a omisión de actuación puidera repercutir gravemente no servicio xeral á comunidade.


Disposicións xerais.

1. A S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é responsable de calquera nome de dominio DNS de terceiro nivel baixo o dominio "cesga.es".

2. Dentro dos servizos de comunicacións que a nosa institución prové, ofrécense un ou varios buzóns de correo electrónico e unha ou varias máquinas para o encamiñamento e recollida de correo a/dende Internet a todo o noso persoal que o requira. Tendo rexistro das persoas e procesos que os están a utilizar baixo as direccións electrónicas das que somos responsables.

3. Como xestores do servizo de correo electrónico dentro da nosa institución, reservámosnos o dereito de tomar as medidas sancionadoras oportunas contra os usuarios internos e externos que realicen calquera dos abusos incluídos no Anexo 2.

4. Dispoñemos de suficiente información no tocante a:

4.1. As diversas actividades que trascenden aos obxectivos habituais do uso do servizo de correo electrónico que presta a nosa institución Anexo 2.

4.2. Os perxuizos directos ou indirectos que este problema lles ocasiona  aos nosos   propios usuarios, rendementos de máquinas, liñas de comunicacións, etc, reflectidos no Anexo 3.

Obxectivos.

Este documento foi escrito cos seguintes obxectivos en mente:

5. Protexer a reputación e bo nome da S.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) na Rede (Internet).
6. Garantir a seguridade, rendementos e privacidade dos sistemas e máquinas da nosa organización e dos demais.

7. Evitar situacións que poidan causarlle á nosa organización algún tipo de responsabilidade civil ou penal.

8. Preservar a privacidade e seguridade dos nosos usuarios.

9. Protexer o labor realizado polas persoas que traballan nos nosos servizos de comunicacións frente a certos actos indesexables.

Ámbito de aplicación.

10. Todas as máquinas das nosas instalacións capaces de encamiñar correo electrónico (Estafetas)

11. Todas as pezas de mensaxes (texto, cabeceiras e trazas) residentes en ordenadores propiedade da nosa institución.

12. Todos os usuarios responsables de buzóns asignados pola nosa organización.

13. Todos os servizos internos que utilizan o correo electrónico, como por exemplo os servidores de listas de distribución e respondedores automáticos.

Esta política só se lle aplica ao correo electrónico en formato electrónico e non é aplicable ao correo electrónico en formato papel.

Compromisos.

14. Empregar os recursos técnicos e humanos ó noso  alcance para tentar evitar calquera dos tipos de abusos reflexados no Anexo 2.

15. Evitar, dentro do tecnicamente posible, a chegada de correo non desexado nos buzóns persoais baixo o dominio "cesga.es".

16. Evitar, dentro do tecnicamente posible a distribución de correo non desexado no noso Servicio de Listas de Distribución.

17. Poñer á disposición pública e facilmente accesible para os nosos usuarios, propietarios de buzóns institucionais, a seguinte información:

"Politica de uso do servizo de correo electrónico na nosa institución".
"Abuso do Correo Electrónico" e as súas implicacións.

18. Poñer a disposición dos usuarios do servizo de correo electrónico da institución os procedementos axeitados para que poidan actuar contra os abusos externos do correo que sufrirán nos seus propios buzóns (correo lixo ou spaming).

19. Tentar manter os nosos servidores de correo institucionais coas últimas melloras técnicas (actualizacións, parches, filtros etc) para defendelos de posibles ataques.

20. Protexer os datos persoais dos nosos usuarios e dos suscriptores dentro do Servicio de Listas de Distribución: Nome Apelidos e dirección de correo electrónico de acordo coa lexislación española reflectida na LORTAD ( Ley Orgánica de Tratamiento de Datos - Ley Orgánica 5/1992 do 29 Outubro) .

21. Tentar impedir e perseguir a usuarios internos que realicen calquera das actividades definidas no Anexo 1 na creación dun frente común frente a este tipo de actividades definidas no Anexo 1. Isto inclúe a colaboración ao nivel necesario para a persecución destas actividades.
23. Dedicar un buzón () onde poidan ser enviados e atendidos os incidentes.

Actualizado ( 17.11.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA