Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Inicio » Novas » Comunicacións » Inauguración do novo curso de Ópera Oberta
Destacados

Conectados
626 visitantes
Total dende 21-12-05: 74808297 visitas
ISO 9001:2008

EXCELENCIA XESTIÓN

Accesibilidade

Inauguración do novo curso de Ópera Oberta PDF E-mail
A terceira edición do Obradoiro de Iniciación á Ópera do Liceu de Barcelona foi presentada o 14 de outubro no Centro de Supercomputación de Galicia, nun acto conxunto coas universidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (UDC, USC, UVIGO e a Universidade do Minho).

A presentación do novo curso celebrouse simultaneamente a través de videoconferencia nos catro campus mencionados e contou coa presenza no CESGA do director de I+D, Pedro Merino, da vicerreitora da USC, Mª Mar Lorenzo e do director xerente do CESGA, Javier García Tobío. Adicionalmente, no acto interviñeron vicerreitores das universidades de Vigo, A Coruña, e do Minho.
 
Nesta terceira edición do obradoiro retransmitiranse cinco óperas en directo dende o teatro barcelonés. En Galicia, os espectáculos serán emitidos da RECETGA (Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia) e da liña de interconexión que a rede galega ten coa Universidade do Minho, no Norte de Portugal, por mor do proxecto europeo TORGA.NET.
 
No transcurso do acto presentouse o programa de óperas que se retransmitirán, explicouse o modo de realización do curso dende as respectivas universidades, a localización dos auditorios e a infraestrutura tecnolóxica que se empregará.
Actualizado ( 26.09.2005 )
Master HPC

CESGA APOIA

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

Proxectos

Membro de Gelato

Acreditación EUGridPMA

Novidades
Dominio galego

ALERTA VIRUS MENSUAL

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA