Esta es la antigua web del Centro de Supercomputación de Galicia.

Nuestro nuevo web está disponible desde el 18 de Julio de 2011 en
https://www.cesga.es

Por favor, actualice sus enlaces y marcadores.


Esta web solo se mantiene con el fin de servir como histórico de noticias, cursos, ofertas de empleo publicadas, etc.. y/o documentación.

CESGA-Centro de Supercomputación de Galicia
Galego :: Español :: English
Centro de Supercomputacion de Galicia
Home » e-learning » Resources
Highlights

Users Online
154 guests online
Total since 21-12-05: 34853014 visitors
ISO 9001:2008

MGMT EXCELLENCE

Accessibility

Libros electrónicos ou e-books: Introdución PDF E-mail

Os Libros Electrónicos (coñecidos como e-books ou Libros-e) son libros en formato dixital que ademáis de permitirnos lelos na pantalla (dun ordenador, pda, tablet PCs, etc.), permítennos realizar outra serie de opcións: engadir anotacións, suliñar, realizar búsquedas de palabras ou frases, imprimir todo ou parte do libro, etc. Desde fai uns anos, editoras e librerías producen e distribúen Libros-e que poden lerse desde calquera ordenador con sistemas operativos Windows ou Mac OS. Como case todo, os libros electrónicos, teñen as súas vantaxes e desvantaxes:

Entre as vantaxes:

  • Nun ordenador, pda, tablet PCs, etc. pódense albergar centos de libros en moi pouco espacio.
  • Pódese buscar unha palabra, frase, en todo un libro en poucos segundos.
  • Pódense engadir comentarios, notas, marcas de diferentes cores, suliñar partes do libro e gardalas con este.
  • Os visores de libros electrónicos (e-books readers) incorporan diccionarios, o que facilita o acceso rápido ó significado das palabras.
  • Tamaño de letra axustable, para que poidamos ampliar o seu tamaño se temos dificultade na súa lectura.
  • Posibilidade de lectura en alto: os lectores incorporan un sintetizador de voz que permite que o texto se lea "en voz alta".
  • Tamén se pode imprimir o libro ou partes del.

Entre as desvantaxes:

  • Non é moi cómodo ler sobre unha pantalla e cansa a vista.
  • É preciso dispor dun pda ou un portátil para poder levarse o seu libro dun sitio a outro.
  • A duración das baterías dos dispositivos portátiles non permite gran autonomía.
  • Os libros-e só se poden ler desde o dispositivo en que se descargan, por cuestións de licencia. É dicir, que non poderemos "prestalo", ou ben "lelo desde a oficina". Esta é unha gran limitación dos libros-e.
  • Os libros-e teñen a "fraxilidade" de todos os artigos dixitais. Un erro de disco, etc. pódenos facer perder a nosa biblioteca definitivamente ou, como mínimo, provocar un grave trastorno para recuperala.

e-bookNa actualidade, existen dous grandes formatos no mercado de los libros-e:

Para ler un libro nestes formatos, necesitamos o lector (software) axeitado ó seu formato. Estes son gratuitos, e permítenos, ademais de ler o libro:

- Localizar algunha palabra en todo o libro en poucos segundos.
- Engadir comentarios, notas, marcas de diferentes cores, suliñar partes do libro.
- Consultar palabras no diccionario.
- Aumentar ou disminuir o tamaño da letra, se temos dificultade na súa lectura.
- Que o lea en alto (instalando algún compoñente software adicional).
- Imprimir o libro ou partes del (se a licencia do libro o permite).


Aplicacións didácticas dos libros-e para o ensino

Ademais de poder mercar ou descargar libros-e, podemos crear os nosos propios libros-e. Isto pode ser moi interesante por varias razóns:

  • Podemos "protexer" os nosos contidos un poco máis (completamente é imposible) que nun documento producido con procesador de texto, ou cun html.
  • Os contidos quedan con un formato moi axeitado para imprimir.
  • Ofrecer ós nosos alumnos un material (apuntes, etc.) electrónico que aproveite as vantaxes de poder lerse como libro electrónico (poder facer anotacións propias, resaltar, buscar, etc.)

¿Como creamos libros-e?

Para poder crealos necesitamos seguir uns pasos (e utilizar unhas ferramentas) un pouco diferentes, dependendo de si van a ser para os dous formatos máis extendidos na actualidade:

Artigos de Interese:

 

Last Updated ( 16.12.2005 )
Master HPC

CESGA SUPPORTS

PRACE Award 2009

Itanium Alliance Award

E-learning projects

Gelato´s Member

Acreditación EUGridPMA

Last updates
Dominio galego

MONTHLY VIRUS ALERT

infoarrobacesga.es :: Telf.: +34 981 569810 - Fax: 981 594616 :: Avda. de Vigo s/n 15705, Santiago de Compostela.
CESGA